Domingo 2 de Advento - ciclo B
2º
DOMINGO ADVENTO - CICLO B
Primeira Lectura Is 40,
1-5. 9-11
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
Preparade o camiño do
Señor
Consolade,
consolade o meu pobo: -dí o o voso Deus.
Faládelle
ao corazón de Xerusalén; si, dicídelle ben alto
que a súa milicia está
cumprida, que a pena pola súa culpa está aceptada.
Si,
xa recibiu da man do Señor o dobre por todos os seus pecados.
Unha
voz clama:
"No
deserto preparádelle o camiño ao Señor.
Endereitádelle na estepa
a calzada ao noso Deus.
Que
todo val sexa levantado, que todo monte e outeiro sexa rebaixado;
que a terra fragosa se
volva unha chaira; e as ladeiras, un val achanzado.
Pois
vaise revelar a gloria do Señor, e toda carne verá o Único.
Falou a boca do Señor".
Sube
a un monte alto, mensaxeira de Sión,
levanta con forza a túa
voz, mensaxeira de Xerusalén,
levántaa, non teñas
medo.
Dilles
ás cidades de Xudá: "Velaí o noso Deus".
Velaí o meu Señor que
chega con poder; si, o seu brazo domina.
Velaí
a súa paga con el,
o seu xornal diante del.
Igual
ca un pastor, pastorea o seu rabaño, recólleo co seu brazo,
leva aos añiños no seo
e protexe os que aínda maman.
Palabra do
Señor R/ Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal
84, 9ab-10. 11-12. 13-14
R/. (8): Amósanos,
Señor, a túa misericordia, e dános a túa salvación.
Escoitarei o que di o
noso Deus:
certamente o Señor fala
de paz.
A salvación está xa
preto dos que o temen,
a gloria habitará na
nosa terra.
A misericordia e a
fidelidade atoparanse,
abrazaranse a xustiza e
mais a paz.
Na terra xermolará a
fidelidade,
a xustiza ollará desde o
ceo.
O Señor ha dar os seus
bens,
e a nosa terra vai dar os
seus froitos.
A xustiza camiñará
diante del,
e a salvación seguirá
as súas pegadas.
Segunda Lectura 2 Pe 3,
8-14
LECTURA DA SEGUNDA CARTA DO APÓSTOLO SAN PEDRO
Esperamos uns ceos novos
e unha terra nova
Benqueridos
irmáns:
Que
non vos esqueza unha cousa: que para o Señor un día élle coma mil
anos; e mil anos sonlle coma un día. Non está retrasando Deus o
cumprimento do que prometeu, aínda que algúns o crean así: o que
pasa é que ten paciencia convosco, porque non quere que ninguén
pereza senón que a todos lles dea tempo a se converteren.
Máis
ben o día do Señor virá coma un ladrón: daquela os ceos
desaparecerán con estrondo; os elementos disolveranse abrasados de
calor; e a terra e todas as obras que hai nela nin se atoparán.
Xa
que todo isto se ha disolver desta maneira, (con
que santo xeito e prácticas de piedade tedes que vivir mentres
esperades e suspirades pola chegada do día de Deus!
Porque
é neste día cando os ceos incendiados se han disolver e os
elementos abrasados de calor se han derreter.
Pero
nós, conforme á súa promesa, esperamos un ceo novo e unha terra
nova, onde exista a xustiza.
Por
iso, meus amigos, mentres agardades isto, collede a peito que El vos
atope en paz, sen tacha nin defecto.
Palabra do
Señor R/ Grazas a Deus
ALELUIA Lc 3,
4. 6
Se non se canta, pódese
omitir.
Aleluia, aleluia.
Preparade os camiños do
Señor
endereitade os seus
carreiros;
todos verán a salvación
de Deus.
Aleluia.
Evanxeo Mc 1,
1-8
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Endereitade os vieiros do
Señor
Comezo
do Evanxeo de Xesús Cristo Fillo de Deus.
Como
está escrito no profeta Isaías: "Mira, mándoche por diante un
mensaxeiro,
para
que prepare o teu camiño; voz de quen clama no deserto:
"Preparade
o camiño do Señor, endereitade os seus vieiros".
Presentouse
Xoán Bautista no deserto, pregoando un bautismo de conversión para
perdón dos pecados. E ía onda el xente de toda a rexión de Xudea e
todos os de Xerusalén; confesaban os seus pecados e el bautizábaos
no río Xordán.
Xoán
ía vestido con pelos de camelo e cun cinguideiro de coiro arredor do
van, e mantíñase de saltóns e mel bravo.
E
proclamaba:
-
Detrás miña está a chegar o que é máis forte ca min, diante de
quen non son digno de prostrarme para lle desatas os amallós do seu
calzado. Eu bauticeivos con auga, pero el havos bautizar no Espírito
Santo.
Palabra do Señor R/. Loámoste, Cristo
Debuxo de Fano/ Cantos de REMOL DA PALABRA
ENTRADA:
LECTURAS:
OFERTORIO:
COMUÑÓN:
Comentarios
Publicar un comentario