Domingo 2 de Advento - ciclo B
| RUTINAS ROTAS |
|
| A couza da ilusión é a rutina, |
| como a couza da esperanza é o medo. |
| A couza da vontade é o tedio, |
| como a couza da fe é a negación. |
| Somos escravos das nosas rutinas. |
| Os mesmos horarios coas mesmas compañías, |
| repetindo os mesmos esquemas, |
| atados ás mesmas certezas. |
Ninguén poderá liberarnos destas ataduras? Quen corre o risco de penetrarse en camiños e mensaxes novas? |
| Xoán era un vello xudeu, aínda que de idade nova. |
De familia sacerdotal, por parte de pai, vinculado ao Templo. Xoán cambiou todo, de escenario, de vida, de mensaxe, de esperanzas. |
| Do Templo de seu pai, ao deserto de Xudá. |
| Da vida familiar, á austeridade en soidade. |
| Do xugo da lei, á conversión total, e a esperanza? |
|
| Xoán rompeu as rutinas; á esperanza púxolle un nome. |
| Amosounos o seu rostro e fíxoa achegada, |
| amable suplicada e desexada. |
| A esperanza é humana. |
| Xesús, Home, Mesías, Señor! |
Pedro Fraile
|
|
Comentarios
Publicar un comentario