Alegrareime con grande gozo no Señor - Is 61, 1-2a. 10-11

Domingo 3 de Advento - ciclo B



PARA CAMIÑAR 
NA LEDICIA DO ADVENTO

Se falas por teléfono, faino con alegría.
Quen está no outro lado da tiña descubrirá a alegría da fe.
Se tes que corrixir a alguén, faino con alegría.

Conséguese máis con mel que con fel.
No teu traballo, procura poñer o esforzo do sorriso.
Quen te vexa descubrirá que a ledicia de Deus vai contigo.
Na dificultade e no sufrimento, non perdas nunca a esperanza.

Leva ilusión e agarimo alí onde hai dor.
Inda que por dentro chores, leva sempre un bo xesto no teu rostro.
Hai xente que ante as bágoas dos outros é capaz de achegarse;
pero outra xente, pola contra, rise delas.

Non axudemos a que fagan menos de nós!
A alegría debe ser a linguaxe normal e habitual dos cristiáns.
Xesús, en tódalas circunstancias, buscou o ben dos demais.
O Advento afina as cordas da alma.

Prepárate coa Palabra de Deus, coa oración comunitaria do domingo,
co sacramento da misericordia que Deus pon ao noso dispor,
e... por dentro sentirás a harmonía que Deus pon no teu corazón.


(A partir dun texto de Cáritas, ADVENTO 2014 p. 75 )


Comentarios

Publicacións populares