Domingo Sagrada Familia
Debuxos de: http://elrincondelasmelli.blogspot.com.es/
PRIMEIRA Sir 3, 3-7. 14-17a (gr. 2-6. 12-14)
Quen teme ó Señor honra ós pais
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ECLESIÁSTICO
2O Señor honrou ó pai
máis cós fillos
e afincou o dereito da nai sobre o dos nenos.
3Quen honra a seu pai redime as culpas.
4Quen enxalza a súa nai é coma quen atesoura.
5Quen honra a seu pai gozará dos fillos
e cando vaia pregar será atendido.
6O que respecta ó pai terá vida longa
e quen obedece ó Señor daralle consolo a súa nai
12Meu fillo, persevera no honrar a teu pai,
non o desatendas nos días da túa vida.
13Aínda que perda o xuízo, tenlle miramento
e non o aldraxes todo o tempo que viva.
14O ben que se lle faga a un pai non será borrado,
hache valer coma compensación do pecado;
SALMO RESP. Sal 127, 1-2. 3. 4-5.
R/ (cf 1): Ditosos os que temen ó Señor
e van polos seus camiños.
Ditosos os que temen ó Señor
e van polos seus camiños.
2Cando comes do froito das túas mans,
ditoso ti e afortunado.
3A túa muller é coma
parra fecunda
no medio da túa casa.
Os teus fillos coma gromos de oliveira
arredor da túa mesa.
4Así é bendito
quen teme ó Señor.
5Bendígate o Señor desde Sión,
que vexas na prosperidade a Xerusalén
tódolos días da túa vida,
SEGUNDA Col 3, 12-21
Vida familiar na presencia do Señor
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO
ÓS COLOSENSES
Irmáns e rmás:
Coma elixidos de Deus, santos e benqueridos, revestídevos de
sentimentos de
misericordia, de bondade, de humildade, de sinxeleza, de
tolerancia. 13Aturádevos uns
ós outros e perdoádevos, cando un teña queixa doutro; coma o
Señor vos perdoou,
perdoádevos tamén vós. 14E, por riba de todo isto,
cinguídevos co amor, que é o lazo
que todo o une e leva a perfección. 15Que a paz de Cristo
goberne os vosos corazóns, xa
que a ela vos chamaron coma membros dun mesmo corpo. Sede
tamén agradecidos.
16Que a palabra de Cristo habite en vós con toda a súa
riqueza. Ensinádevos e
alentádevos uns a outros o mellor que saibades. Co corazón
cheo de agradecemento
cantádelle a Deus salmos, himnos e cántigas inspiradas. 17E
todo canto fagades, de
palabra ou de obra, facédeo para honra de Xesús, o Señor,
dándolle gracias a Deus Pai
por medio del.
18Mulleres, sede dóciles ós vosos homes coma lle acae a unha
muller cristiá. 19Homes,
amade as vosas mulleres e non sexades ríspidos con elas.
20Fillos, sede ben guiados en todo cos vosos pais, que isto
é cousa agradable ó Señor.
21Pais non asoballéde-los vosos fillos, para que non saian
coitados.
ALELUIA Col 3, 15a. 16a
Que a paz de Cristo reine nos vosos corazóns;
que a palabra de Cristo habite abondosamente en vós
Lc 2, 22-40 (longo)
O neno medraba, cheo de sabedoría
22Cando chegou o
tempo da purificación, conforme a Lei de Moisés, levaron Xesús a
Xerusalén, para llo presentaren ó Señor 23(pois así está
escrito na Lei do Señor: Todo
varón primoxénito consagraredes ó Señor), 24e tamén para
faceren unha ofrenda ,
conforme se di na Lei do Señor: Un par de rulas ou dous
pombiños.
25Vivía nese tempo en Xerusalén un home xusto e piadoso,
chamado Simeón, que
agardaba a restauración de Israel. O Espírito Santo, que
estaba con el, 26tíñalle
prometido que non había morrer sen ve-lo Unxido do Señor.
27Movido polo Espírito, foi ó templo, e, cando entraban os
pais do neno Xesús para
cumpriren o mandado pola Lei do Señor, 28el, colléndoo nos
brazos, louvou a Deus
dicindo:
29-Agora podes, Señor, segundo a túa promesa,
despedir en paz o teu servo,
30porque xa os meus ollos viron o teu Salvador,
31o que preparaches para tódolos pobos:
32luz de revelación para os xentís
e gloria do teu pobo Israel.
33O pai e maila nai do neno ficaron abraiados polo que tal
dicía do neno.
34Bendiciunos Simeón e díxolle a María, a nai:
-Mira, este está disposto para caída ou soerguemento de
moitos en Israel, para ser
bandeira de discusión; 35e a ti mesma unha espada hache
atravesa-la alma: así ficarán
descubertas as cavilacións de moitos corazóns.
36Había tamén unha profetisa moi vella chamada Ana, filla de
Penuel, da tribo de Axer,
que vivira sete anos co seu marido desde que casara, 37e
logo como viúva ata os oitenta
e catro. Non se apartaba do templo nin de noite nin de día,
servindo a Deus con xexún e
oracións. 38Presen-tándose naquel intre no templo, glorificaba
a Deus e falaba do neno
a tódolos que esperaban a redención de Xerusalén.
39Cando remataron todo o ordenado pola Lei do Señor,
volveron para Galilea, á vila de
Nazaret. 40O neno ía medrando lanzal, forte e intelixente; e
a gracia de Deus estaba con
el.
Ou máis breve: 22. 39-40
22Cando chegou o tempo da purificación, conforme a Lei de
Moisés, levaron Xesús a
Xerusalén, para llo presentaren ó Señor
39Cando remataron todo o ordenado pola Lei do Señor,
volveron para Galilea, á vila de
Nazaret. 40O neno ía medrando lanzal, forte e intelixente; e
a gracia de Deus estaba con
el.
Comentarios
Publicar un comentario