1 de xaneiro - Santa María, Nai de Deus


 

PRIMEIRA Num 6, 22-27
Invocarán o meu nome a prol dos fillos de Israel e Eu bendicireinos
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS NÚMEROS

 22O Señor faloulle a Moisés: 23-"Dilles a Aharón e a seus fillos: desta maneira habedes de bendici-los fillos de Israel: 24Que o Señor te bendiga e te garde. 25Que o Señor faga brillar sobre ti o seu rostro e se compadeza de ti. 26Que o Señor che mostre o seu rostro e che conceda a paz. 27Eles invocarán así o meu nome en favor dos fillos de Israel e eu bendicireinos".



SALMO RESP. Sal 66, 2-3. 5. 6 e 8
R/ (2a): Deus se apiade de nós e nos bendiga

 2Deus se apiade de nós e nos bendiga,
móstreno-la luz da súa presencia.
3Que se coñezan na terra os seus camiños
e en tódolos pobos a súa salvación.

 5Alégrense e canten as nacións,
porque ti gobérna-los pobos rectamente
e guías na terra as nacións.

 6Lóuvente, Deus, os pobos,
lóuvente os pobos todos.
8Que Deus nos bendiga e que o teman
os confíns todos do mundo.



SEGUNDA Gal 4, 4-7
Deus mandóuno-lo seu Fillo, nacido de muller
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE S.PAULO APÓSTOLO ÓS GÁLATAS

 Irmáns e irmás:

4Así que chegou a plenitude dos tempos, Deus mandóuno-lo seu Fillo, nacido de muller e suxeito á Lei, 5para rescata-los que estabamos baixo a Lei e para que recibisémo-la profillación. 6A proba de que sodes fillos del é que Deus mandou ós vosos corazóns o Espírito do seu Fillo que exclama ¡Abbá! (que quere dicir ¡meu Pai! ). 7Polo tanto, ti xa non es escravo, senón fillo. E, por seres fillo, tamén, gracias a Deus, es herdeiro.

  

ALELUIA Hebr 1, 1-2:
En moitas ocasións Deus faloulles noutro tempo ós nosos pais por medio dos profetas,
ultimamente falounos por medio do Fillo



EVANXEO Lc 2, 16-21
Encontraron a María e a Xosé e ó neno. E despois de oito días puxéronlle de nome Xesús.
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

16Foron os pastores a correr ata Belén e atoparon a María e mais a Xosé, e á criatura deitada na manxadoira. 17O que o viron, contaron todo o que lles dixeran do meniño, 18deixando pasmados a cantos escoitaban o que tal dicían os pastores. 19María, pola súa parte, conservaba todas estas cousas no seu corazón. 20Os pastores voltaron, glorificando e louvando a Deus por canto viran e oíran, tal como lles fora anunciado.

21Os oito días tocaba circuncida-lo neno e puxéronlle de nome Xesús, tal como o chamara o anxo antes da súa concepción. 



Comentarios

Publicacións populares