A Virxe do Piar


Segundo unha venerada tradición, a Santísima Virxe María manifestouse en Zaragoza sobre unha columna ou alicerce, signo visible da súa presenza. Esta tradición atopou a súa expresión cultual na misa e no Oficio que, para toda España, decretou Clemente XII. Pío VII elevou a categoría litúrxica da festa. Pío XII outorgou a todas as nacións suramericanas a posibilidade de celebrar a mesma misa que se celebraba en España.

* O Piar, lugar privilexiado de oración e de graza  (Do Oficio Divino)

Historia da Virxe do Piar
A tradición, tal como xurdiu duns documentos do século XIII que se conservan na catedral de Zaragoza, remóntase á época inmediatamente posterior á Ascensión de Xesucristo, cando os apóstolos, fortalecidos co Espírito Santo, predicaban o Evanxeo. Dise que, por entón (40 AD), o Apóstolo Santiago o Maior, irmán de San Xoán e fillo de Zebedeo, predicaba en España. Aquelas terras non recibiran o evanxeo, polo que se atopaban atadas ao paganismo. Santiago obtivo a bendición da Santísima Virxe para a súa misión.

Os documentos din textualmente que Santiago, "pasando por Asturias, chegou cos seus novos discípulos a través de Galicia e de Castela, até Aragón, o territorio que se chamaba Celtiberia, onde está situada a cidade de Zaragoza, nas ribeiras do Ebro. Alí predicou Santiago moitos días e, entre os moitos convertidos elixiu como acompañantes a oito homes, cos cales trataba de día do reino de Deus, e pola noite, percorría as ribeiras para tomar algún descanso".

Na noite do 2 de xaneiro do ano 40, Santiago atopábase cos seus discípulos xunto ao río Ebro cando "ouviu voces de anxos que cantaban Ave, María, gratia plena e viu aparecer á Virxe Nai de Cristo, de pé sobre un alicerce de mármore". A Santísima Virxe, que aínda vivía en carne mortal, pediulle ao Apóstolo que se lle construíse alí unha igrexa, co altar en torno ao alicerce onde estaba de pé e prometeu que "permanecerá este sitio até o fin dos tempos para que a virtude de Deus obre portentos e marabillas pola miña intercesión con aqueles que nas súas necesidades imploren o meu patrocinio". 

Desapareceu a Virxe e quedou aí o alicerce. O Apóstolo Santiago e o oito testemuñas do prodixio comezaron inmediatamente a edificar unha igrexa naquel sitio e, co concurso dos conversos, a obra púxose en marcha con rapidez. Pero antes que estivese terminada a Igrexa, Santiago ordenou presbítero a un dos seus discípulos para servizo da mesma, consagrouna e deulle o título de Santa María do Piar, antes de regresarse a Xudea. Esta foi a primeira igrexa adicada en honra á Virxe Santísima.

Moitos historiadores e investigadores defenden esta tradición e aducen que hai unha serie de monumentos e testemuños que demostran a existencia dunha igrexa adicada á Virxe de Zaragoza.  O máis antigo destes testemuños é o famoso sarcófago de Santa Engracia, que se conserva en Zaragoza desde o século IV, cando a santa foi martirizada. O sarcófago representa, nun baixo relevo, o descenso da Virxe dos ceos para aparecerse ao Apóstolo Santiago.

Así mesmo, cara ao ano 835, un monxe de San Xermán de París, chamado Almoino, redactou uns escritos nos que fala da Igrexa da Virxe María de Zaragoza, "onde servira no século III o gran mártir San Vicente", cuxos restos foron depositados polo bispo de Zaragoza, na igrexa da Virxe María. Tamén está testemuñado que antes da ocupación musulmá de Zaragoza (714) había alí un templo dedicado á Virxe.

A devoción do pobo pola Virxe do Piar áchase tan arraigada entre os españois e desde épocas tan remotas, que a Santa Sé permitiu o establecemento do Oficio do Piar no que se consigna a aparición da Virxe do Piar como "unha antiga e piadosa crenza".


Comentarios

Publicacións populares