DOMUND 2011 (5)
SEMANA DAS VOCACIÓNS MISIONEIRAS (23-29 outubro)
DA MENSAXE DO PAPA PARA A XORNADA
A misión universal implica a todos, todo e sempre. O Evanxeo non é un ben exclusivo de quen o recibiu; é un don que se debe compartir, unha boa noticia que é preciso comunicar. E este don-compromiso está confiado non só a algúns, senón a todos os bautizados, os cales son «liñaxe elixida, nación santa, pobo adquirido por Deus» (1 Pe 2,9), para que proclame as súas grandes marabillas.
PRECES MISIONEIRAS PARA CADA DÍA
Mt 22,34-40: Amarás ao Señor o teu Deus e ao próximo como a ti mesmo.
DOMUND: Para que a caridade sexa a alma da misión.
Lc 13,10-17: A esta, que é filla de Abrahán, non había que soltala en sábado?
Por todos os enfermos que ofrecen os seus sufrimentos polos misioneiros.
Lc 13,22-30: Virán de oriente e ocidente e sentarán á mesa no reino de Deus.
Para que o Evanxeo sexa anunciado no mundo enteiro.
Lc 13,31-35: Non cabe que un profeta morra fose de Xerusalén.
Para que a Igrexa perseguida e sufriente asocie o seu sufrimento ao de Cristo.
Lc 6,12-19: Escolleu a doce deles e nomeounos apóstolos.
Para que os mozos abran o seu corazón a Deus e á vocación misioneira.
Lc 14,1.7-11: O que se enaltece será humillado, e o que se humilla será enaltecido.
Para que os misioneiros sexan exemplo de traballo humilde e entrega xenerosa.
Mt 23,1-12: Non fan o que din.
Para que os cristiáns demos testemuño crible do Evanxeo coa nosa vida.
Lc 14,12-14: Non convides os teus amigos, senón a pobres e lisiados.
Para que a Igrexa dirixa o seu esforzo preferentemente cara aos pobres.
Compromiso misioneiro para a semana
Tomar conciencia da necesidade de que sigan xurdindo vocacións
misioneiras que continúen a actividade evanxelizadora en todo o mundo, especialmente entre os máis necesitados. Para iso, fomentar o encontro con misioneiros e misioneiras presentes na diocese e presentar o seu testemuño; tamén, utilizar a colección de vídeos de OMP Xanela aberta á misión.
Comentarios
Publicar un comentario