DOMUND 2011 (4)

SEMANA DE COOPERACIÓN ECONÓMICA (16-22 outubro)


MENSAXE DO PAPA PARA A XORNADA
Este é tamén un dos obxectivos da Xornada Mundial das Misións, que, a través de OMP, solicita axuda para a realización das tarefas de evangelización nos territorios de misión. Trátase de soster institucións necesarias para establecer e consolidar a Igrexa mediante os catequistas, seminarios, sacerdotes; e de dar tamén a nosa achega para que melloren as condicións de vida das persoas en países nos que son máis graves os fenómenos da pobreza, malnutrición sobre todo infantil, enfermidades, ausencia de servizos de saúde [...]. Tamén isto entra na misión da
Igrexa. Anunciando o Evanxeo, preocúpase pola vida humana en sentido pleno.

PRECES MISIONEIRAS PARA CADA DÍA
Mt 22,15-21: Dade ao César o que é do César e a Deus o que é de Deus.
Para que os cristiáns comprendan o dereito de todo home a coñecer a Deus.
Lc 12,13-21: O que acumulaches, de quen será?
Polas persoas que deixan por testamento os seus bens para as misións.
Lc 10,1-9: A mies é abundante e os obreiros poucos.
Polas vocacións misioneiras e a xenerosa resposta dos chamados.
Lc 12,39-48: Ao que moito se lle deu, moito esixiráselle.
Para que os bautizados compartan os bens espirituais e materiais.
Lc 12,49-53: Vin a prender lume no mundo.
Para que non se apague o ardor misioneiro na Igrexa por falta de medios.
Lc 12,54-59: Como non sabedes interpretar o tempo presente?
Para que a Igrexa saiba discernir o seu compromiso misioneiro actual.
Lc 13,1-9: Se non vos convertedes, todos pereceredes da mesma maneira.
Para que este mes de outubro sexa ocasión propicia para a conversión á misión.

Compromiso misioneiro para a semana
Fomentar a cooperación económica coa misión universal da Igrexa e cos
misioneiros e misioneiras de todo o mundo. O domingo 23 celébrase
a Xornada Mundial das Misións; os católicos estamos chamados a tomar
conciencia da universalidade da Igrexa e a ter un xesto de solidariedade
cos misioneiros que traballan nos 1.069 territorios de misión.


  

Comentarios

  1. Olá Nuria!
    Vim agradecer a sua visita no meu blog, obrigada! Meu blog tem como objetivo evangelizar para que Jesus seja conhecido e muito amado por todos. Se você quizer pode tornar-se uma seguidora do meu blog e se permitir, seguirei o seu, ok?
    Gotei muito de conhecer seu blog, é lindo, parabéns!
    A paz de Cristo esteja com você, que Ele te abençoe sempre.
    Grande abraço
    Lurdes

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares