Exposición en S.Domingos de Bonaval

Inda que cun pouco de retraso no aviso, inda temos tempo...

EXPOSICIÓN “CEREMONIAL, FESTA E LITURXIA” DA CATEDRAL DE SANTIAGO EN SAN DOMINGOS DE BONAVAL
  
Santiago, 13 de outubro de 2011
A exposición “Ceremonial, festa e liturxia na Catedral de Santiago”, será inaugurada mañá, día 14 de outubro ás 12:30 na Igrexia de San Domingos de Bonaval. A mostra forma parte do programa de actos que, con motivo do 800 aniversario da Catedral, supuxo un traballo conxunto por parte de: Museo catedralicio, Cabildo (coa colaboración do Arcebispado), e Consorcio de Santiago. O evento contará coa asistencia, entre outras autoridades, do Arcebispo de Santiago, Mons. Barrio, e o Alcalde compostelano, D.Xerardo Conde Roa.

·        Os peregrinos e a presencia da memoria e os restos do Apóstol, foron dando lugar na Catedral a textos, partituras, obxectos ou vestimentas litúrxicas, obras de arte, reforma de espacios, tradicións e ceremonias. Velaquí o sentido desta exposición.

** Duración e horarios :
De outubro do 2011 a febreiro de 2012
Martes a sábado : de 11.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h.
Domingos : de 11.00 a 14.00 H
Luns : pechado
Entrada gratuita

Organiza
Cabido da Catedral de Santiago
Consorcio de Santiago
Comisario
José María Díaz Fernández
Ramón Yzquierdo Peiró
Deseño e dirección montaxe
Pinal+García-Alén



*** Para máis información: Ramón Yzquierdo, director do Museo da Catedral                                Tlf.- 981.56.93.27

Comentarios

Publicacións populares