YOUTH FOR GLORY

Con retraso, -xa que estiven fóra de vacacións- déixovos o anuncio que publican na páxina da Arquidiócese de Compostela. Espero que alguén todavía poida apuntarse.
Máis información nesta páxina: http://www.rccejovenes.es/verano2011_YFG_quees.html


Youth for Glory é un encontro internacional organizado pola RCCE (Renovación Carismática Católica de España) e o ICPE (International Catholic Programme for Evangelisation). O seu fin é prepararnos espiritualmente para recibir a aquel que nos anunciará a Cristo nas XMX en Madrid, Benedito XVI. O Festival terá lugar en Santiago de Compostela do 9 ao 12 de Agosto no Colexio La Salle. Contaremos con artistas convidados de todas as partes do mundo e xuntos celebraremos o que Xesús fixo por nós. Obradoiros, concertos, ensinos, momentos de compartir e moito máis. Esperámoste!


Para os que xa non cheguedes, Youth for Glory fai un concerto na XMX                                   o día 17 de agosto en Madrid.





Comentarios

Publicacións populares