XMX - 21 agosto

Programa para o día 21 de Agosto de 2011


09:00
Chegada a Catro Ventos e percorrido en Papamóvil pola zona.

09:30
Misa de clausura da XMX

O Papa concelebrará a Misa con milleiros de bispos e sacerdotes, e dirixirase aos mozos e menos novos presentes, para enviarlles ao mundo a testemuñar a súa fe, como fixo o Señor cos seus Apóstolos. Ao final da Misa conclusiva, o Santo Pai anunciará o lugar onde se celebrará a seguinte edición da Xornada Mundial da Xuventude.


17:30
Encontro do Papa con voluntarios
Benedito XVI terá un breve encontro cos voluntarios da XMX no recinto feiral IFEMA.

18:30
Despedida do Papa
Realizarase unha breve despedida oficial ao Santo Pai no aeroporto de Barajas.


Aquí remata... e comenza todo. Non valen de nada estas xornadas se non preparades o corazón para a volta, se non aprendemos a entender e facernos entender, se non sabemos xunta-las mans para rezar e abrilas despois para dar... Comeza o camiño de volta, o futuro está nos vosos pés e nas mans do Pai.


Non O perdades de vista ... El é o verdadeiramente importante.


Comentarios

Publicacións populares