XMX - 18 agosto

Programa para o día 18 de Agosto de 2011 

Programa Cultural
Ao longo de todo o día celebraranse diversas actividades do Programa Cultural da JMJ, cando non coincidan cos actos principais da JMJ. Este plan inclúe concertos, exposicións, mostras, visitas guiadas a museos, obras de teatro, e un longo etcétera. O programa darase a coñecer máis adiante, cando se pechen todas as propostas recibidas.


10:00
Catequese dos bispos
Os participantes na XMX, organizados por grupos lingüísticos, terán sesións de catequeses con bispos vindos de todo o mundo. As sesións terán lugar en igrexas, colexios, auditorios e polideportivos de Madrid.

12:00
Chegada do Papa ao aeroporto de Barajas
Cerimonia de benvida no Pavillón de Estado

12:40
Entrada do Papa en Madrid
Percorrido de entrada á cidade en Papamóvil e chegada á Nunciatura

19:30
Acto de benvida dos mozos en Cibeles
Na praza da Independencia cruzará a Porta de Alcalá con mozas do cinco continentes. Tras este acto, subirá ao Papamóvil, que o trasladará até a praza de Cibeles.

21:30
Unha luz á noite
Tras recibir ao Papa en Cibeles, doce imáxes da Virxe de todo o mundo estarán nas rúas de Madrid para que os mozos peregrinos visítenas, canten e recen.



CON  MARÍA

Con María, bendicímoste e loámoste, Pai,
porque nela fixécheste:
Boa Nova para todos,
luz da alba que abre camiños ao Sol,
estrela da mañá que anuncia o Día,
libro aberto que acolle e aluma a Palabra,
muller e nai da Vida.

Con María, Pai de todos:
alegrámonos da túa presenza entre nós,
compartimos o gozo de sentirnos nas túas mans,
anunciamos a túa fidelidade
e proclamamos a túa misericordia.

Con María, Pai bo:
anúnciasnos o teu proxecto de xustiza e salvación,
encamiñas os nosos pasos polas pegadas de Xesús,
reúnesnos na fermosa casa do teu Reino,
iluminas a esperanza e anticipas o futuro.

Con María, Deus e Pai:
recoñecémoste pequeno nos sinxelos,
sabemos que es misteriosamente débil;
sentimos a túa tenrura e proximidade,
humanamente non te vemos,
comprendemos un pouco o teu Misterio
e abóndanos saber
que nos levas na palma das túas mans

Con María, noso Pai, dicímosche:
Estamos aquí; glorificámoste, loámoste
e dámosche grazas desde o máis íntimo de nós;
actúa en nós segundo a túa Palabra,
Que queres que fagamos?
Ti es o Deus que nos salva;
Como será todo isto?
Somos os teus fillos e desde sempre
convivirnos como irmáns na túa única casa.



Comentarios

Publicacións populares