XMX - 16 agosto
Programa para o día 16 de Agosto de 2011
Programa Cultural
Ao longo de todo o día celebraranse diversas actividades do Programa Cultural da XMX, cando non coincidan cos actos principais da XMX. Este plan inclúe concertos, exposicións, mostras, visitas guiadas a museos, obras de teatro, e un longo etcétera. O programa darase a coñecer máis adiante, cando se pechen todas as propostas recibidas.
08:00
Chegada a Madrid
Desde primeira hora da mañá, os peregrinos e grupos inscritos na XMX poderán recoller as súas acreditacións e mochilas nos lugares indicados pola organización.
20:00
Misa de Inauguración
A Xornada Mundial inicia ás 20:00h cunha Misa na praza da Cibeles de Madrid, presidida polo arcebispo de Madrid e concelebrada polos bispos e sacerdotes que participan na XMX.
Que esta xornada sirva de reflexión e oración sobre o papel da Igrexa e dos xoves nela e na sociedade. Pidamos pola xente que sufre e polos tempos que veñen, que pedirán compromiso, fe e solidariedade.
Comentarios
Publicar un comentario