NOVAS

Escribo unhas letras para comunicarvos a inminente aparición dunha nova web relacionada directamente con este blogue e coa web do mesmo nome coa que estamos conectados. Por problemas de espacio na web anterior, vémonos na necesidade de ampliar a unha páxina exclusivamente adicada á música litúrxica en galego. Levará como nome Nosa Naiciña do Ceo (xa sabedes, todo xunto e con "nh", como en portugués, que en internet non existe o "ñ").




Estamos dando os últimos toques á páxina e subindo, -despois de moito traballo-, letras, partituras e notación de guitarra. A intención é a de incluir formato midi e vídeos a medida que vaiamos avanzando. Un pouco de paciencia que xa imos chegando. Tamén me gustaría que colaborásedes nela se podedes, animádemos e aportade o que poidades.



Comentarios

Publicacións populares