VENRES SANTO - Lecturas
VENRES SANTO
CELEBRACIÓN DA PAIXÓN DO SEÑOR
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
Primeira Lectura Is 52, 13 -- 53, 12
Foi ferido por culpa das nosas iniquidades (4º Canto do Servo)
Velaquí: o Excelso, o Sublime, o Altísimo daralle éxito ao seu Servo.
A gran multitude quedará abraiada diante del,
pois o seu aspecto non parecía o dun home,
a súa figura non parecía a dun fillo de Adán.
Pero agora fará conmover a pobos numerosos:
por causa del os reis pecharán a súa boca,
porque contemplarán o que nunca se lles contou,
e comprenderán o que nunca escoitaron.
Quen creu o que lle dixemos?
A quen se lle revelou o brazo do Señor?
El subiu coma tenro gromo na súa presenza,
coma raíz en terra reseca.
Non tiña beleza nin esplendor;
vímolo, e o seu aspecto non era atraente.
Desprezado, o máis rexeitado dos homes,
varón de sufrimentos, familiarizado coa dor.
Coma alguén de quen se esconde a cara,
desprezado, non lle tivemos aprecio.
El cargou coas nosas dores,
el soportou os nosos sufrimentos.
Nós considerámolo ferido,
castigado por Deus e aflixido.
Pero foi ferido por causa das nosas rebeldías,
foi esmagado polas nosas iniquidades.
O castigo que nos trouxo a paz caeu sobre el,
a súa ferida foi a nosa curación.
Todos nós, coma rabaño, andabamos perdidos,
cada un polo seu camiño.
Pero o Señor puxo nel a iniquidade de todos nós.
Foi oprimido, foi aflixido;
pero el non abriu a súa boca.
Foi levado coma unha res á matanza,
e, coma ovella muda ante o tosquiador,
non abriu a súa boca.
Foi levado cun xuízo perverso,
ninguén se preocupou da súa vida.
El foi arrincado do mundo dos vivos,
para o noso ben foi ferido pola rebeldía do seu pobo.
Puxeron a súa sepultura entre os malvados,
e a súa tumba entre os ricos,
aínda que non cometeu violencia,
nin houbo fraude na súa boca.
O Señor quixo esmagalo co seu sufrimento:
Si, entrega a túa vida en expiación polo pecado.
Pero el verá descendencia, alongará os seus días
e por medio del cumprirase a salvación do Señor.
Polos traballos da súa vida verá a luz,
alcanzará a sabedoría.
O Xusto volverá xusto o seu Servo
para o ben de moitos
e as iniquidades destes el soportará.
Por isto repartirei con el xunto cos grandes,
e cos poderosos terá parte no botín,
porque entregou a súa vida á morte
e foi contado cos malvados.
Si, el foi o que cargou co pecado de moitos
e fai a intercesión polos malvados.
Palabra do Señor
R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 30, 2 e 6. 12-13. 15-16. 17 e 25
R/. (Lc 23, 46): Meu Pai, nas túas mans entrego o meu espírito.
Abrígome en ti, Señor,
que endexamais me vexa defraudado;
Nas túas mans entrego o meu espírito,
ti, Señor, o Deus fiel, hasme librar.
Son o riso dos inimigos,
a burla dos meus veciños.
Para os meus coñecidos son espanto:
foxen ao verme na rúa.
Esquécense de min, coma dun morto;
eu son coma un cacharro que non serve.
Mais eu teño confianza en ti, Señor,
e digo: "Ti es o meu Deus".
Nas túas mans está o meu porvir:
líbrame do poder dos inimigos
e dos meus perseguidores.
Fai brillar o teu rostro para o teu servo,
sálvame, pola túa misericordia.
Sede fortes e valentes
os que esperades no Señor.
LECTURA DA CARTA AOS HEBREOS
Segunda Lectura Hebr 4, 14-16; 5, 7-9
Aprendeu a obediencia e fíxose autor da salvación para todos os que o obedecen
Irmáns:
Xa que temos un gran Sumo Sacerdote que penetrou no ceo, Xesús, o Fillo de Deus, manteñamos a esperanza que profesamos.
Pois non temos un Sumo Sacerdote incapaz de se compadecer das nosas debilidades, senón un Sumo Sacerdote probado en todo coma nós, fóra do pecado. Acheguémonos, pois, con liberdade ao trono da graza, para conseguirmos misericordia e acadar a graza para unha axuda no tempo debido.
Cristo, nos días da súa vida mortal, a berros e con bágoas, presentou oracións e súplicas a quen o podía salvar da morte e Deus escoitouno por mor da súa docilidade. Aínda que era Fillo, aprendeu sufrindo o que é obedecer; e, consumada deste xeito a súa consagración sacerdotal, converteuse para todos os que lle obedecen en causa de salvación eterna.
Palabra do Señor
R/. Grazas a Deus
VERSÍCULO Flp 2, 8-9
Cristo abaixouse a si mesmo, facéndose obediente ata á morte,
e á morte na cruz.
Por iso tamén Deus o exaltou sobre todo
e lle concedeu un nome que está por riba de todo outro nome.
PAIXÓN DO NOSO SEÑOR XESÚS CRISTO SEGUNDO XOÁN
Evanxeo Xn 18, 1 -- 19, 42
Prenderon a Xesús e atárono
C. Naquel tempo, saíu Xesús cos seus discípulos para a outra banda do regueiro Cedrón, onde había unha horta, na que entrou el e mais os seus discípulos. Tamén Xudas, o que o había entregar, coñecía aquela horta, pois en moitas ocasións estivera alí Xesús cos seus discípulos. Xudas levaba a patrulla e a garda dos sumos pontífices e dos fariseos, chegou alí con farois, fachos e armas. Entón Xesús, sabendo todo o que lle viña enriba, adiantouse e preguntoulles:
+ ‑ A quen buscades?
C. Respondéronlle:
S. ‑ A Xesús de Nazaret.
C. Díxolles El:
+ ‑ Eu son.
C. Estaba tamén con eles Xudas, o que o entregaba. Cando lles dixo Eu son, botáronse para atrás e caeron ao chan. Entón, preguntoulles outra vez:
+ ‑ A quen buscades?
C. Eles contestaron:
S. ‑ A Xesús de Nazaret.
C. Xesús respondeulles:
+ ‑ Díxenvos que "son eu": así que, se me buscades a min, deixade marchar a estes.
C. Así cumpriuse a palabra que dixera: "non perdín ningún dos que me deches".
Entón Simón Pedro, que tiña unha espada, desenvaiñouna e feriu o garda do Sumo Sacerdote, rabenándolle a orella dereita. O nome do garda era Malco. Pero Xesús díxolle a Pedro:
+ ‑ Mete a espada na vaíña; e, logo, non hei beber o cáliz que me deu o Pai?
Levaron primeiro a Xesús onda Anás
C. Entón a patrulla, o tribuno e mais os gardas dos xudeus, agarraron a Xesús e prendérono.
Levárono primeiro onda Anás, que era sogro de Caifás, o Sumo Sacerdote daquel ano. Era Caifás aquel que lles dera aos xudeus o consello: "Convén que un home morra polo pobo".
Seguían a Xesús Simón Pedro e mais outro discípulo. Este discípulo, por ser coñecido do Sumo Sacerdote, entrou con Xesús no adro do palacio do Sumo Sacerdote.
Pedro estaba fóra, na porta. Entón saíu o outro discípulo ‑ o coñecido do Sumo Sacerdote ‑, falou coa porteira, e fixo entrar a Pedro. A porteira preguntoulle a Pedro:
S. ‑ Non es tamén ti dos discípulos dese home?
C. El contestou:
S. ‑ Non son.
C. Estaban os criados e os gardas facendo unha fogueira, porque ía frío, e quecían. Estaba tamén Pedro con eles, de pé, quecendo.
Entón o Sumo Sacerdote interrogou a Xesús acerca dos seus discípulos e da súa doutrina.
Xesús respondeulle:
+ ‑ Eu falei á vista do mundo, publicamente; eu sempre ensinei na sinagoga e no templo, onde se xuntan todos os xudeus, e non falei nada ás agachadas. Por que me preguntas a min? Pregúntalles aos que me oíron de que lles falei: eles saben ben o que dixen.
C. Ao dicir isto, un dos gardas alí presentes deulle unha labazada a Xesús, dicindo:
S. ‑ Así lle respondes ao Sumo Sacerdote?
C. Xesús replicoulle:
+ ‑ Se falei mal, demóstrame en que; e se falei ben, por que me pegas?
C. Entón Anás mandouno amarrado onda Caifás, o Sumo Sacerdote.
Non es tamén ti dos seus discípulos?
C. Estaba Simón Pedro de pé, quentándose, e preguntáronlle:
S. ‑ Non es tamén ti dos seus discípulos?
C. El negouno, dicindo:
S. ‑ Non son.
C. Un dos criados do Sumo Sacerdote, parente daquel a quen Pedro lle cortara a orella, replicoulle:
S. ‑ E logo non te vin eu na horta con el?
C. Pedro negou outra vez; e naquel intre empezou a cantar un galo.
O meu reino non é deste mundo
C. Levaron entón a Xesús de onda Caifás ao Pretorio. Era a amañecida. Eles non entraron no Pretorio para non se contaminaren e así poderen comer a Pascua. Saíu entón fóra Pilatos, onda eles, e preguntou:
S. ‑ Que acusación traedes contra este home?
C. Eles responderon:
S. ‑ Se este non fose un malfeitor, non cho entregabamos.
C. Díxolles entón Pilatos:
S.‑ Collédeo vós e xulgádeo segundo a vosa Lei.
C. Os xudeus contestáronlle:
S. ‑ Non nos é lícito matar a ninguén.
C. Así se cumpriu a palabra de Xesús, sinalando con que morte había morrer.
Entón entrou Pilato outra vez no Pretorio, chamou por Xesús e preguntoulle:
S. ‑ Es ti o Rei dos Xudeus?
C. Xesús respondeu:
+ ‑ Dilo ti pola túa conta ou dixéroncho outros de min?
C. Pilato replicou:
S. ‑ E logo son eu xudeu? A túa xente e os sumos sacerdotes entregáronte a min: que fixeches?
C. Xesús contestoulle:
+ ‑ O meu reino non é deste mundo; se deste mundo fose, os meus oficiais loitarían para que ninguén me entregase aos xudeus; pero o meu reino non é de aquí.
C. Díxolle entón Pilato:
+ ‑ Logo ti es Rei?
C. Xesús respondeu:
+ ‑ Tal como o estás dicindo, eu son Rei: para iso nacín e para iso vin ao mundo, para dar testemuño da verdade; todo o que está aberto á verdade, escoita a miña voz.
C. Pilato preguntoulle:
+ ‑ Que é a verdade?
C. E, dito isto, saíu onda os xudeus e díxolles:
S. - Eu non atopo nel culpa ningunha. Hai entre vós o costume de que eu vos solte alguén pola Pascua. Queredes, logo, que vos solte o Rei dos Xudeus?
C. Berraron entón outra vez, dicindo:
S. ‑ Non. A ese non; a Barrabás. (O tal Barrabás era un bandido).
Salve, Rei dos Xudeus!
C. Entón Pilato colleu a Xesús e mandouno azoutar. Os soldados, tecendo unha coroa con espiños, puxéronlla na cabeza, vestíronlle un manto de púrpura, e, inclinándose diante del, dicíanlle:
S. - "Salve, Rei dos Xudeus!".
C. E dábanlle labazadas.
Pilato saíu outra vez fóra e díxolles:
S. ‑ Mirade, tráiovolo fóra, para que vos decatedes de que non atopo nel culpa ningunha.
C. Entón saíu fóra Xesús, levando a coroa de espiños e o manto de púrpura. Pilato díxolles:
S. – Velaquí o home.
C. Cando o viron, os sumos sacerdotes e os gardas berraron:
S. ‑ Crucifícao, crucifícao!
C. Pilato respondeulles:
S. ‑ Collédeo vós e crucificádeo, que eu non atopo culpa nel.
C. Os xudeus replicaron:
S. ‑ Nós temos unha Lei, e conforme a Lei debe morrer, por se facer Fillo de Deus.
C. Cando Pilato oíu estas palabras colleu moito medo, entrou outra vez no Pretorio e preguntoulle a Xesús:
S. ‑ De onde es ti?
c. Pero Xesús non lle deu unha fala. Entón Pilato insistiu:
s. ‑ Comigo non falas? Non sabes que teño poder para soltarte e poder para te crucificar?
C. Xesús respondeulle:
+ ‑ Non terías ningún poder sobre min, se non cho desen de arriba. Por iso, o que me entregou a ti ten maior pecado.
Fóra, fóra! Crucifícao!
C. Despois disto Pilato procuraba liberalo. Pero os xudeus berraban:
S. ‑ Se soltas a ese, non es amigo do César: todo o que se fai rei, oponse ao César.
C. Pilato, oídas estas palabras, levou para fóra a Xesús e sentouno no tribunal, no sitio nomeado "O lousado", en hebreo "gábaza". Era o día da Preparación da Pascua, alá contra as doce da mañá.
Díxolles aos xudeus:
S. ‑ Velaquí o voso rei.
C. Pero eles berraban:
S. ‑ Fóra, fóra! Crucifícao!
C. Pilato preguntoulles:
S. ‑ Pero como vou crucificar o voso rei?
C. Os sumos sacerdotes insistiron:
S. ‑ Non temos máis rei có César.
C. Daquela, entregóullelo para que o crucificasen.
Crucificaron a Xesús, xunto con outros dous
C. Entón colleron a Xesús. Cargando el mesmo coa cruz, saíu para o lugar chamado da Caveira, que se di Gólgota en hebreo. Alí o crucificaron, xunto con outros dous, un a cada lado, e Xesús no medio.
Escribiu Pilato un título e púxoo na cruz. O escrito era: Xesús o Nazareno, o Rei dos Xudeus. Moitos dos xudeus leron este título, porque o sitio onde Xesús foi crucificado estaba cerca da vila, e estaba escrito en hebreo, latín e grego. Os sumos sacerdotes dixéronlle a Pilato:
S. ‑ Non escribas "O Rei dos Xudeus", senón que el dixo "Son Rei dos Xudeus".
C. Pilato respondeu:
S. ‑ O escrito, escrito está.
Repartiron as miñas roupas
C. Entón os soldados, cando crucificaron a Xesús, colleron a roupa del ‑e fixeron catro partes, unha parte para cada soldado ‑, e mais a túnica. Era a túnica sen costura, tecida dunha peza de arriba abaixo. E falaron entre eles:
S. ‑ Non a rachemos: sorteémola a ver a quen lle toca.
C. Así cumpriuse a Escritura, que di: Repartiron entre eles a miña roupa e sortearon a miña túnica.
Tal fixeron os soldados.
Velaí o teu fillo. Velaí a túa nai.
C. Ao pé da cruz de Xesús estaban súa nai e a irmá de súa nai, María a de Cleofás, e mais María a Madalena. Xesús, vendo a súa nai e, onda ela, o discípulo a quen amaba, díxolle á nai:
+ ‑ Muller, velaí o teu fillo.
C. Despois díxolle ao discípulo:
+ ‑ Velaí a túa nai.
C. Desde aquela hora o discípulo acolleuna con el.
Está cumprido
C. Despois disto, sabendo Xesús que xa todo estaba acabado, para que se cumprise plenamente a Escritura, dixo:
+ - "Teño sede".
C. Había alí un xerro cheo de vinagre. Entón, atando unha esponxa empapada de vinagre a unha cana de hisopo, achegáronlla á boca. Cando probou Xesús o vinagre dixo:
+ - Está cumprido.
C. E, inclinando a cabeza, entregou o espírito.
(Todos se axeonllan, e faise unha pausa)
No instante saíu sangue e auga
C. Entón os xudeus, como era o Día da Preparación, para que non permanecesen os corpos na cruz durante o sábado ‑ pois era grande aquel día de sábado ‑, rogáronlle a Pilato que lles rompesen as pernas e os retirasen.
Viñeron, logo, os soldados, e rompéronlles as pernas ao primeiro e mais ao outro que crucificaran con el. Pero ao chegaren onda Xesús, como o viron xa morto, non lle romperon as pernas, senón que un dos soldados lle traspasou o costado cunha lanza; e no instante saíu sangue e auga.
Quen o viu dá testemuño, e o seu testemuño é verdadeiro; el sabe que di a verdade, para que tamén vós creades. Porque isto aconteceu para que se cumprise a Escritura: "Non lle crebarán óso ningún". E noutro lugar di: Han mirar para quen traspasaron.
Envolveron o corpo de Xesús con panos, con aromas
C. Despois disto, Xosé o de Arimatea, que era discípulo de Xesús –aínda que ás agachadas, por medo aos xudeus ‑, rogoulle a Pilato que lle deixase retirar o corpo de Xesús. Pilato accedeu. Foi e retirou o corpo.
Foi tamén Nicodemo ‑ aquel que primeiramente viñera onda Xesús de noite ‑, levando unha mestura de mirra e áloe de case cen libras.
Colleron o corpo de Xesús e, segundo é costume sepultar entre os xudeus, envolvérono en panos, con aromas. No sitio onde crucificaran a Xesús había un xardín, e no xardín un sepulcro novo, que aínda non usara ninguén.
Puxeron alí a Xesús, por mor da Preparación dos xudeus, pois o sepulcro estaba cerca.
Palabra do Señor
R/. Loámoste, Cristo
ORACIÓN
O SAÚDO É HOXE A CRUZ
Pai,
Ti acompañaches os pasos de Xesús,
os pasos da súa vida e da súa morte;
arrimaches o teu ombreiro ao seu
sempre que o seu brazo e a súa palabra
protestaron - e fixérono moitas veces -,
contra calquera bota
que pisase un ser humano,
un enfermo,
un ancián abandonado,
un neno indefenso,
unha muller da vida,
alguén agoniado pola lei ou pola relixión.
Ti alentaches o seu servizo,
pero non lle aforraches a cruz,
nin o corpo roto,
nin a alma agoniada,
nin o berro desesperado,
nin a copa do fracaso,
e, con todo, confiou en Ti.
Deixa que recollamos o teu saúdo,
o teu saúdo, hoxe, para nós,
e que nolo pasemos uns aos outros.
O saúdo é hoxe a cruz
e nela a Palabra, calada,
e nela a vida, morta,
e nela, a bendición, maldita,
e nela, quen perdoa, castigado,
quen salva, condenado,
quen se anuncia home novo,
feito tronco do vello.
Pai,
o teu saúdo, hoxe, a cruz,
a nosa vida, hoxe, a cruz;
noso futuro, hoxe, a cruz;
noso programa, hoxe, a cruz;
a nosa seguridade, hoxe, a cruz;
o noso pecado, hoxe, a cruz;
a nosa forza, hoxe, a cruz;
a nosa ledicia, hoxe, a cruz;
a nosa esperanza, hoxe, a cruz;
o noso Cristo, hoxe, a cruz.
Pai, Ti, hoxe, a cruz.
VENRES SANTO:
UN MUNDO CHEO DE CRUCES
Pórtico
Hoxe, Venres Santo comezamos a nosa celebración, nun silencio respectuoso, volvendo os ollos cara a cruz, cara tantas cruces que son expresión da dor e da tristura de tantos irmáns e irmás nosos que habitan permanentemente no calvario da marxinación, da soidade, da incomprensión: os parados, os nenos escravizados, os enfermos, os vellos, as mulleres maltratadas, as persoas manipuladas, os famentos ...
Hoxe, xunto á cruz do Señor, queremos reflexionar sobre estes sinais de morte. Detémonos e miramos con calma, como o facía Xesús, con 0110 s novos e non cunha simple mirada de curiosidade ou de tenrura de telenovela barata. E despois de mirar, de analizar, de xulgar, non podemos permanecer inmóbiles, senón que descubrimos a cruz coma unha parte do camiño, nunca coma unha meta. A meta será a Pascua, o nacemento dunha vida no va en Cristo. Hoxe estamos chamados a descubrir que ao noso lado hai moitos nazareno s que levan as súas cruces e que esperan que nós sexamos o Cireneo que lles bote unha mano
Con estes sentimentos comezamos a nosa celebración neste Venres Santo.
Remuíño
* Experiencia de cruz: Todos, ao longo da nosa vida, en maior ou menor medida, ternos experiencia de dor, de morte, de sufrimento. A celebración deste Venres Santo invítanos a poñerlle cara a esta cruz que estamos contemplando, porque o Crucificado non é un anónimo, senón que ten rostro e nome de tanta xente do noso mundo á que moitas veces lle custa atopar un motivo para seguir vivindo. Como cristiáns non podemos pechar os 0110 s ou volver a cara para non ver estes sinais de morte, senón que ternos un compromiso fondo de axudar para que saian desta situación inhumana.
* Cruz que é etapa, nunca meta: Porque como paradoxo, a cruz é ao mesmo tempo sinal de morte e de vida. En Xesús, que morre na cruz, dásenos unha vida anovada, unha vida na que a morte, o sufrimento, a dor... non teñen a derradeira palabra, senón que sabemos que estamos chamados a unha vida plena, a unha vida para sempre.
*E que nos chama a ser os Cireneos de hoxe: Por iso hoxe é un día para ... estar; simplemente para acompañar a Cristo no camiño da cruz, cando as cousas non pintan ben, cando toda aquel a multitude que o aclamou o domingo de Ramos como Mesías hoxe berra que o crucifiquen. Hoxe é un bo momento para mirar dentro de nós, para reflexionar e pedir perdón das moitas veces na nosa vida nas que tamén nós negamos a Cristo, abandonamos a Cristo, pasamos de largo diante da cruz ... sen parar a axudar, a chorar, a acompañar.
ORACIÓN UNIVERSAL
(Presentamos un mapamundi que colocaremos nun taboleiro. Nel cravaremos cruces de cartolina nas que ternos escrito o nome de cada colectivo crucificado no nos o mundo)
Queremos poñer agora ao pé da cruz moitas cruces, as cruces de tantas persoas que dun cabo a outro do mundo ven como as súas vidas non valen nada. Queremos con este xesto que nós, os que estamos moi ben asentados no primeiro mundo, non perdamos a sensibilidade di ante de tantos irmáns nosos cuxo camiño, se nós non nos implicamos, acabará na morte, destrución e inxustiza.
Diante do Deus que hoxe nos pon a cruz como loita e esforzo, dicimos xuntos:
QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE
1.- Poñemos no mundo a cruz do paro, e con ela a tantas persoas que sofren polas súas consecuencias. Que atopen e nos a forza e o esforzo por cambiar esa situación. OREMOS:
QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE
Poñemos no mundo a cruz da vellez que tamén supón en moitos casos unha cruz pesada de levar para moitos maiores, que despois de toda unha vida dedicada aos demais, vense acantoadas, esquecidos ou abandonados. Para que os acollamos, valoremos e lles mostremos o amor que merecen. OREMOS:
QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE
Poñemos no mundo a cruz dos accidentes de tráfico que tantas vidas levan. Para que tomemos conciencia de que depende de nós quitar ese sufrimento e viaxar con tranquilidade, sendo conscientes da responsabilidade que ternos nas mans, OREMOS:
QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE
Poñemos no mundo a cruz da explotación infantil. Os nenos son, en moitas ocasións, vítimas propicias da violencia, de abusos sexuais, de explotación laboral. Por todos aqueles aos que o noso egoísmo lles arrebata unha infancia feliz e plena, OREMOS.
QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE
Poñemos no mundo a cruz da violencia doméstica. No nos o mundo, Señor, as mulleres son en demasiadas ocasións, desposuídas da súa dignidade: maltratadas, asasinadas, obrigadas a prostituírse, consideradas coma simples obxectos, sen acceso á educación e á cultura. Por todas aquelas que sofren polo simple feito de ter nado mulleres, OREMOS.
QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE
Poñemos no mundo a cruz da inmigracións e a tantas persoas que perderon a vida no intento de buscar un futuro mellor. Para que sexamos hospitalarios e acolledores, compartindo as nosas posibilidades e unindo esforzos para que os inmigrantes se sintan coma nos seus fogares, OREMOS.
QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE
Poñemos no mundo a cruz do deterioro do medio ambiente e con ela o noso desexo de coidar o planeta coma un regalo, para nos e para tódalas xeracións futuras, contribuíndo deste xeito a completar a creación que Ti comezaches, OREMOS.
QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE
Poñemos no mundo a cruz da fame. No mundo hai bens para todos; pero o desigual reparto da riqueza fai que moitos irmáns nosos non teñan que comer mentres nós vivimos na opulencia. Esta cruz leva o rostro de tantos famentos do mundo. Non só os famentos físicos, senón tamén todas aquelas persoas famentas de cultura, de compañía, de escoita, de axuda. Por todas elas, OREMOS.
QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE
Poñemos no mundo a cruz da enfermidade, a todas aquelas persoas que levan sobre os seus ombreiros esta pesada cruz; unha cruz que engloba aos enfermos e ás súas familias. Por todos eles, OREMOS.
QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE
QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE
Poñemos no mundo a cruz da pobreza. Son demasiadas as persoas pobres: de cartos, de pan, de dignidade, de educación, de sanidade e, de traballo ... Agora queremos presentarchas, para que a nosa solidariedade combata esta terrible lacra, OREMOS.
QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE
Poñemos no mundo a cruz da manipulación e o engano que tan estendidos están no noso mundo e que empregamos para levar a cabo os nosos plans. Para que busquemos sempre a verdade e, respectando as ideas, as opinións e os feitos diferentes aos nosos, empregando medios xustos para expoñer o que pensamos e facemos. OREMOS.
QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE
Poñemos no mundo a cruz da indiferenza. Un ha cruz que endurece o noso corazón, levándonos a mirar cara outro lado ou a buscar a cruz como espectáculo, despreocupándonos dos demais e mergullámonos no noso egoísmo e no noso individualismo. Para que non sexamos insensibles ante as persoas e os acontecementos que pasan no mundo, OREMOS.
QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE
Poñemos no mundo a cruz do materialismo, de posuír por enriba das persoas. Para que non empeñemos o noso corazón no ter e non adoremos a un ídolo que rematará por posuírnos totalmente, OREMOS.
QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE
QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE
Poñemos no mundo a cruz da tensión. Para que sexamos quen de poñer tranquilidade, de ter tempo para nós, para relacionarnos con calma coas persoas, para saborear a vida con intensidade e para reflexionar sobre nós mesmos, sobre as persoas, sobre os acontecementos. Para que sempre saibamos ter tempo para Ti, Señor, OREMOS.
QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE
Poñemos no mundo, finalmente a cruz do fanatismo e do integrismo relixioso. Para que busquemos sempre o moito que nos une (o amor de Deus e a busca da xustiza) e non o que nos afasta, e así contribuamos ao entendemento entre todas as persoas e á paz, OREMOS.
QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE
Deus do consolo e da escoita, fai que cantos se senten oprimidos e desesperanzados atopen en Ti o agarimo que os leve a loitar con forza e sen desmaio contra as dificultades que os azoutan. PXNS. Amén.
Adoración da Cruz
Logo de escoitar a narración emocionante da paixón do Señor, lago de ter descuberto que o nasa mundo é un mundo cheo de cruces, preséntasenos a todos nós a Cruz, expresión de toda a nosa limitación humana na que Deus manifestará o triunfo da vida e da verdade. Adoramos a cruz e sentímonos implicados na tarefa de facer que desaparezan todas as cruces que segue habendo na vida das persoas.
PROCESIÓN: (Desde o fondo da igrexa, tres persoas con velas traen a cruz)
Cantor: Mirade a árbore da cruz, na que estivo cravada a salvación do mundo. (3 veces)
Todos: Vinde xa adorala.
COMUÑÓN
Como remate da nasa celebración participaremos agora do Corpo de Cristo, morto para darnos vida. A Eucaristía que onte celebrabamos aliméntanos tamén hoxe, mentres esperamos compartir, mañá pola noite, a Eucaristía da Pascua.
ORACIÓN FINAL:
Ao contemplar o Crucificado, a nosa reacción non é de burla ou de desprezo, senón de oración confiada e agradecida:
Non baixes da cruz, non nos deixes sós na nosa aflición.
Para que nos serviría un Deus que non coñecese a nosa cruz?
Quen nos podería entender?
- En quen poderían esperar os torturados de tantos cárceres segredos?
- A que se agarrarían os enfermos crónicos e os moribundos?
- Quen podería ofrecer consolo ás vítimas de tantas guerras, terrorismos, fames e miserias?
- Non. Non baixes da cruz, pois se non te sentimos "crucificado" xunto a nós, verémonos máis "perdidos". PXNS. Amén.
Cantos:
Entrada: Vitoria Ti reinarás.
Lecturas: Arrepentido.
Lecturas: Arrepentido.
Adoración da cruz: Música clásica de fondo.
Comuñón: O pouco que Deus nos dá.
Comuñón: O pouco que Deus nos dá.
Comentarios
Publicar un comentario