OLLOS NOVOS PARA UN CEGO
REFLEXIÓNS 4
Quen me vende uns ollos vivos
para esculcar ao redor,
descubrindo en todas partes
sinais do meu Señor?
Quen me dá ollos espertos
coa luz de cada amencer,
para ver e gozar coas cousas
que neste día hei de ver?
Quen me dará ollos limpos
que reflictan o que eu son,
que ollen para as persoas
con ollos de admiración?
Quen me dará ollas fondos
para me poder achegar
ás fonduras de esperanza
que a xente leva nos mans?
Quen me dará ollos certos
para acertar a descubrir
a cara de Deus nos pobres,
nos máis cansos de sufrir?
Quen me dá ollos chorosos
para chorar con dolor
os erros da miña vida
que me rouban a ilusión?
Quen me dará ollos ledos
para poderme alegrar
cos triunfos que o pobo acade
cos froitos do seu loitar?
Quen me dará ollos listos
para ver de distinguir
quen lle leva o pan aos pobres
quen lles afoga o porvir?
Quen poñerá nos meus ollos,
cansos de ver e esculcar,
un acougo cada noite,
un descansiño, non máis?
Comentarios
Publicar un comentario