NOVAS - Actos polo Día Mundial contra a escravitude infantil, en memoria de Iqbal Masih

16 DE ABRIL : DÍA MUNDIAL CONTRA A ESCRAVITUDE INFANTIL
ESIXIMOS AO CONCELLO UNHA PRAZA CONMEMORATIVA Á FIGURA DE IQBAL MASIH
QUEN FOI IQBAL MASIH?

Iqbal Masih foi un neno cristián paquistaní que seu pai vendeu ás mafias tapiceiras cando tiña 4 anos. Pasou toda a súa infancia baixo traballos forzados ata que aos 10 anos Iqbal asistiu a un mitin sobre dereitos humanos e a súa vida cambiou radicalmente. Asociouse ao Fronte de Liberación do Traballo Forzado”, conseguiu a súa propia liberación e converteuse nun activo loitador contra a escravitude infantil.
                O seu berro "non merquedes o sangue dos nenos" tivo unha gran repercusión internacional e recibiu varios premios en Europa e nos EEUU. O 16 abril de 1995, cando tiña 12 anos, Iqbal foi asasinado a tiros. A mafia das alfombra foi acusada do brutal crime.

MARTES 5 DE ABRIL
CINE-FORUM ás 20:00 horas na Casa de Cultura e Solidariedade
R/ do Home Santo 47


XOVES 14 DE ABRIL
“CASA EN VENTA" TEATRO SOCIAL ás 20:00 h 
no centro sociocultural do Ensanche R/ Frei Rosendo Salvado 14 -16


SÁBADO 16 DE ABRIL
CONCENTRACiÓN a partir das 19:00 conmemorando o día internacional contra a ESCRAVITUDE INFANTIL na Praza do Toural.



CONVOCA:
Movemento Cultural Cristián



Comentarios

Publicacións populares