DOMINGO DE RAMOS + FICHA E LECTIO
PROCESIÓN DAS PALMAS
Evanxeo: Bendito o que vén no nome do Señor
Lc 19, 28-40
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Naquel tempo, Xesús botou a andar diante camiño de Xerusalén.
E cando se achegaban a Betfagué e a Betania, ao pé do chamado Monte das Oliveiras, mandou dous discípulos, dicíndolles:
‑ Ide á aldea que tedes aí diante, e atoparedes atado un burriño que ninguén montou aínda nunca. Soltádeo e traédeo. E se alguén vos pregunta: "Por que o soltades?", respondédelle: "Precísao o Señor".
Foron os discípulos, e atoparon todo tal como lles dixera. E cando ceibaron o burriño, preguntáronlles os donos:
‑ Por que soltades o burriño?
Eles contestaron:
‑Precísao o Señor.
Levárono onda Xesús, botaron os mantos sobre o burriño e axudárono a montar. E ao pasar el, a xente estendía os mantos polo camiño. Cando se aproximaban á baixada do Monte das Oliveiras, a multitude de discípulos, cheos de alegría, comezaron a loar a Deus con grandes gritos, por todas as marabillas que tiñan visto. Dicían:
‑ Benia o que vén, coma rei, no nome do Señor. Paz no ceo, e gloria no máis alto!
Algúns dos fariseos que estaban entre a xente, dixéronlle:
‑ Mestre, reprende a eses teus discípulos.
Pero el respondeulles:
‑ Asegúrovos que se estes calan, falarán as pedras.
Palabra do Señor R/. Loámoste, Cristo
LECTURAS COMPLETAS:
https://xanostesaqui.webnode.es/lecturas-da-misa/ciclo-c/semana-santa/domingo-de-ramos/
Comentarios
Publicar un comentario