INMACULADA CONCEPCIÓN 2021
ORACIÓN DO PAPA FRANCISCO
A MARÍA INMACULADA
Oh María, a nosa Nai Inmaculada,
no día da túa festa veño a ti, e non veño só:
Traio comigo a todos aqueles
que o teu Fillo me confiou,
nesta cidade e no mundo enteiro,
para que ti os bendígas e os salves dos perigos.
Tráioche, Nai, aos nenos,
especialmente aqueles sós, abandonados,
que por ese motivo son enganados e explotados.
Tráioche, Nai, ás familias,
que levan adiante a vida e a sociedade
co seu compromiso cotián e escondido;
en modo particular ás familias
que teñen máis dificultades
por tantos problemas internos e externos.
Tráioche, Nai, a todos os traballadores,
homes e mulleres,
e encoméndoche especialmente a quen,
por necesidade,
se esforza por desempeñar un traballo indigno
e a quen o traballo o perdeu ou non pode atopalo.
Necesitamos a túa mirada inmaculada,
para recuperar a capacidade de mirar
ás persoas e cousas
con respecto e recoñecemento
sen intereses egoístas ou hipocrisías.
Necesitamos do teu corazón inmaculado,
para amar en modo gratuíto
sen segundos fins,
senón buscando o ben do outro,
con sinxeleza e sinceridade,
renunciando a máscaras e maquillaxes.
Necesitamos as túas mans inmaculadas,
para acariñar con tenrura,
para tocar a carne de Xesús
nos irmáns pobres, enfermos, desprezados,
para levantar aos que se caeron
e soster a quen vacila.
Necesitamos dos teus pés inmaculados,
para ir ao encontro de quen non saben dar
o primeiro paso,
para camiñar polos carreiros de quen se perdeu,
para ir atopar ás persoas soas.
Agradecémosche, oh Nai,
porque ao mostrarche a nós
libre de toda mancha de pecado,
lémbrasnos que ante todo está a graza de Deus,
está o amor de Xesucristo
que deu a súa vida por nós,
está a fortaleza do Espírito Santo que fai novas todas as cousas.
Fai que non cedamos ao desánimo,
senón que, confiando na túa axuda constante,
traballemos duro para renovarnos a nós mesmos,
a esta cidade e ao mundo enteiro.
Roga por nós, Santa Nai de Deus!
Papa Francisco, 8 de deciembre de 2016
A ver se inda vos chega a tempo, lembrade
que tedes material de abondo no apartado
que recolle os textos de anos anteriores:
Comentarios
Publicar un comentario