Tempos difíciles

Ola a tod@s.

Nestes tempos complexos nos que non hai tempo para o aburrimento, intentei buscar un pequeno espazo de tranquilidade para a reflexión, pero non é fácil, nunca vin ao tempo minguar tanto en tan pouco tempo e teño a sensación de ter vivido tres semanas nunha soa. Non me dá a vida...

Preparando traballo online, estudar, limpar, pendente da familia, dos amigos, dos medios, dos sacerdotes, do mundo enteiro. Non estou traballando agora, pero vexo os esforzos dos profes polo meu home, a xornada laboral de 12 horas diarias, cuestionados, coma sempre, para eles non hai aplausos, as mesmas queixas e incomprensión de sempre... resignación, que vai co cargo.

Moito traballo de estudo, de pensar, de planificar... basta...

Tempo de silencio, unha Coresma diferente, nunca tan difícil coma esta... un ratiño ao día para acougar, para rezar polos outros, por nós mesmos, polos que traballan sen descanso, polos enfermos, polos que están sós, polos nosos maiores, por tantos, tantos...


Ánimo, fe, afouteza, esperanza...

Comentarios

Publicacións populares