SEMANA 5 DE CORESMA


SALMO DA ESPERANZA

Moitas veces, Señor,
na miña existencia,
me desanimo
por calquera cousa.

É máis, “desínflome”
cando a situación
vaise complicando
e non son capaz.

Porque esta é unha gran verdade:
non son capaz de case nada,
dáme medo converterme,
asústame a entrega,
atérrame a miña incapacidade.

Con todo, Señor,
hoxe quero converterme.
Sei que coas miñas forzas non podo,
pero quéroo,
desexo ardentemente
cambiar de rumbo.

Ir polo camiño
do amor e o compromiso,
en favor sempre
dos desherdados
deste mundo. Amén.





Busca aquí:

Comentarios

Publicacións populares