BENDICIÓN "URBI ET ORBI"
Escoita
da Palabra de Deus
O Santo Padre:
No
nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.
A. Amén.
Oración
O Santo Padre:
Oremos.
Deus
todopoderoso e misericordioso, mira a nosa condición
dolorosa:
consola aos teus fillos e abre os nosos corazóns á
esperanza,
para que sintamos no medio de nós a túa presenza de Pai.
Polo
noso Señor Xesucristo, o teu Fillo, que é Deus, e vive e reina
contigo,
na unidade do Espírito Santo, por sempre eternamente.
A.
Amén.
Evanxeo
O Lector:
Escoitamos a Palabra do Señor do Evanxeo segundo
Marcos 4, 35-41
E naquel día á caída da noite, díxolles:
‑Ora, vamos para a beira de alá.
Eles, deixando a xente, levárono no bote onde estaba
sentado; e ían seguidos por outras barcas. E formouse tal remuíño de vento que
os salseiros caían enriba do bote e enchíano de auga. El, entrementres, estaba
na popa durmindo sobre un cabezal. Fórono espertar, berrándolle:
‑Mestre, ¿seica non che importa que afoguemos?
Entón el, espertando, increpou ó vento, e díxolle ó
mar:
‑Silencio, e acouga!
O vento amainou, e veu unha gran calma.
Despois díxolles:
‑Por que tendes tanto medo? Seica aínda non tendes
fe?
Eles, cheos dun medo enorme, comentaban entre si:
‑Pero, quen será este, que mesmo o vento e o mar o
obedecen?
Meditación
do Santo Padre.
Recollemento
ante a “Salus Populi Romani” (imaxe da Virxe e o
Neno, que se atopa na Basílica de Santa María a Maior en Roma) (cántase
"Sub tuum praesidium").
Debaixo do teu amparo
nos acollemos, María,
non rexeites as pregarias
que rezamos noite e día.
Porque nos cómpre unha Nai
coma Ti, Virxe bendita.
Que da maldade nos libra
e coa súa man nos bendiga.
Na soidade nos escoite
e na morte nos asista.
"Ecce lignum crucis, in quo salus mundi pependit... Venite adoremus".
" Velaquí o madeiro da cruz no cal pendía o salvador do mundo...
Vide adoralo ".
Exposición, adoración e bendición Eucarística
Exposición
do Santísimo Sacramento
Súplica letánica
ADORÁMOSTE, OH
SEÑOR.
Verdadeiro Deus e verdadeiro home,
realmente presente neste Santo Sacramento
Adorámoste, oh Señor
Salvador Noso, Deus-con-nós, fiel e
rico en misericordia
Adorámoste, oh Señor
Rei e Señor da creación e a historia
Adorámoste, oh Señor
Vencedor do pecado e a Morte
Adorámoste, oh Señor
Amigo do home, resucitado e vivo á
dereita do Pai
Adorámoste, oh Señor
CREMOS EN TI, OH
SEÑOR.
Fillo unixénito do Pai, descendido do
Ceo para a nosa salvación
Cremos en ti, oh Señor
Médico Celestial, que te inclinas ante
a nosa miseria
Cremos en ti, oh Señor
Año inmolado, que te ofreces para
rescatarnos do mal
Cremos en ti, oh Señor
Bo Pastor, que dás a vida polo rabaño
que amas
Cremos en ti, oh Señor
Pan vivo e medicina de inmortalidade,
que nos dá a vida eterna
Cremos en ti, oh Señor
LIBÉRANOS, SEÑOR
Do poder de Satanás e as seducións do
mundo
Libéranos, Señor
Do orgullo e a presunción de poder
prescindir de Ti
Libéranos, Señor
Dos enganos do medo e a angustia
Libéranos, Señor
Da incredulidade e a desesperación
Libéranos, Señor
Da dureza do corazón e da incapacidade
de amar
Libéranos, Señor
SÁLVANOS, OH
SEÑOR
De todos os males que aflixen á
humanidade
Sálvanos, Oh Señor
Da fame, a carencia e o egoísmo
Sálvanos, Oh Señor
Das enfermidades, das epidemias e o
medo ao irmán
Sálvanos, Oh Señor
Da tolemia devastadora, os intereses
desapiadados e a violencia
Sálvanos, Oh Señor
Dos enganos e a información
malintencionada e da manipulación das
conciencias
Sálvanos, Oh Señor
CONSÓLANOS, OH SEÑOR
Mira á túa Igrexa, que cruza o deserto
Consólanos, oh Señor
Mira a humanidade, aterrorizada polo
medo e a angustia
Consólanos, oh Señor
Mira aos enfermos e moribundos,
oprimidos pola soidade
Consólanos, oh Señor
Mira aos médicos e traballadores da
saúde, esgotados pola fatiga
Consólanos, oh Señor
Mira aos políticos e administradores,
que soportan o peso das decisións
Consólanos, oh Señor
DÁNOS O TEU ESPÍRITO, OH SEÑOR
Na Hora da Proba e o desconcerto
Dános o teu Espírito, Señor
Na tentación e a fraxilidade
Dános o teu Espírito, Señor
Na loita contra o mal e o pecado
Dános o teu Espírito, Señor
Na procura do verdadeiro ben e o
verdadeiro gozo
Dános o teu Espírito, Señor
Na decisión de permanecer en Ti e na
túa amizade
Dános o teu Espírito, Señor
ABRENOS Á
ESPERANZA, OH SEÑOR.
Se o pecado nos oprime…
Ábrenos á esperanza, oh Señor
Se o odio pecha o noso corazón…
Ábrenos á esperanza, oh Señor
Se a dor nos visita…
Ábrenos á esperanza, oh Señor
Se a indiferenza nos angustia…
Ábrenos á esperanza, oh Señor
Se a morte nos aniquila…
Ábrenos á esperanza, oh Señor
O Santo Padre:
Oremos.
Señor
Xesucristo, que no admirable sacramento da Eucaristía
nos
deixaches o memorial da túa Pascua, fai que adoremos con fe viva
o
santo misterio do teu Corpo e do teu Sangue, para sentir
sempre
en nós os beneficios da redención. Ti que vives e
reinas
por sempre eternamente.
R/. Amén.
O Cardeal Angelo Comastri, Archiprete
da Basílica de San Pedro, anuncia a bendición "urbi et orbi", con
indulxencia plenaria adxunta por unha monición especial:
O Santo Padre Franciso
a todos aqueles que reciben
a bendición eucarística
a través da radio,
a televisión e outras tecnoloxías da
comunicación,
conceden
a indulxencia plenaria
na forma
establecida pola Igrexa.
O
Santo Padre dá a bendición co Santísimo Sacramento.
Aclamacións
Bendito sexa Deus.
Bendito sexa o seu santo nome.
Bendito sexa Xesús, verdadeiro Deus e verdadeiro
hombre
Bendito sexa o nome de Xesús.
Bendito sexa o seu sacratísimo corazón
Bendita sexa o seu preciosísimo Sangue
Bendito sexa Xesús no santísimo Sacramento do altar.
Bendito sexa o Espírito Santo Paráclito.
Bendita sexa a gran Nai de Deus, María Santísima.
Bendita sexa a súa santa e inmaculada concepción.
Bendita sexa a súa gloriosa asunción.
Bendito sexa o nome de María, virxe e nai.
Bendito sexa san Xosé, o seu castísimo esposo.
Bendito sexa Deus nos seus anxos e nos seus santos.
Comentarios
Publicar un comentario