SEMANA 4 DE CORESMA


SALMO AO ORAR

Señor, ensínanos a orar,
pois nos cansamos enseguida
de estar contigo;
con todo,
sabemos que ao orar
somos máis entrega,
temos máis forzas,
amamos máis todos.

Fai, Señor,
que sexamos orantes
a corazón aberto,
a pé descalzo,
con entrega incondicional.

Non queremos ao orar
usar moitas palabras,
pois sabemos
o que ti xa sabes.

Só queremos orar
no secreto,
crer que non sabemos orar,
e que ti nos manda o teu Espírito,
capaz de transformarnos
e facer da nosa pobre oración
un canto de amor
forxador de esperanzas. 
Amén.




Busca aquí:




Comentarios

Publicacións populares