29 de novembro - Xornada Mundial do Migrante e do Refuxiado 2019






SE...

Se a nota dixese:
"unha nota non fai melodía"
... non habería sinfonía.

Se a palabra dixese:
"unha palabra non pode facer unha páxina"
... non habería libro.

Se a pedra dixese:
"unha pedra non pode levantar unha parede"
... non habería casa.


Se a pinga de auga dixese:
"unha pinga de auga non pode formar un río"
... non habería océano.


Se o gran de trigo dixese:
"un gran de trigo non pode sementar un campo"
... non habería colleita.


Se o home dixese:
"un xesto de amor non pode salvar á humanidade"
... nunca habería xustiza nin paz nin dignidade nin felicidade
sobre a terra dos homes.

... 

Como a sinfonía necesita de cada nota,
como o libro necesita de cada palabra,
como a casa necesita de cada pedra,
como o océano necesita de cada pinga de auga,
como a colleita necesita de cada gran de trigo...
a humanidade enteira necesita de ti,
alí onde esteas,
porque es único, e por tanto, irreemplazable.




Michel Quoist









Nace en 1921 en Lle Havre. Sacerdote en 1947. Doutor en ciencias sociais e políticas. 
Consiliario de múltiples movementos de Acción Católica. Párroco. Morreu en 1997.

Obras en Edicións Sígueme: «Oraciones para rezar por la calle», 1954; «A corazón abierto», 1981; 
«Caminos de oración», 1988; «Dios me espera», 1993; «Dios sólo tiene deseos», 1996.




Comentarios

Publicacións populares