HISTORIA DO PROXECTO CANCIÓN XMX + karaoke

Quero aproveitar a ocasión para explicar como foi o proceso de xestación e desenvolvemento  do proxecto da canción da XMX agora que estamos en plena difusión...

Hai catro anos, enviei ao meu fillo pequeno a Cracovia ao encontro co Papa e, xusto o día anterior, decateime que o himno se cantaba nun montón de linguas e pensei: por que na nosa non? Estes encontros están feitos pensando na visión da catolicidade e do espírito de Pentecostés, e lembrei como me marcou a miña visita a Taizé e como escoitar rezar en moitas linguas une os corazóns en lugar de separalos. Nós tamén somos individualidades pero escollimos a comunidade como a nosa forma de expresión e vivencia da fe.

Quedou este proxecto no caixón ata que saíu a canción deste ano do encontro de Panamá, e resultou ser un Magnificat, María sempre está chamando á porta e sinalando o camiño e propuxen este proxecto na Pastoral Xuvenil, como sempre, pensando en facelo para compartir coas outras dioceses pero a cousa non saíu... para min algo difícil de comprender despois da preparación do Sínodo da Mocidade e pensando que a música une e ilusiona.

Comentei co meu guía persoal para estas cousiñas da música e a evanxelización, Reboiras, que me dixo que lle parecía moi ben e que seguira adiante a ver se saía, revisou a letra e comezou a xirar a roda... Así que, desde Santiago, fixeron unha primeira maqueta para aprender a canción, pero eu quería inculturar o canto e facer arranxos en clave de galeguidade (igual que aparece na versión internacional do himno para outras linguas). Para a miña sorpresa, non tiven que insistir cando falei coa mocidade da miña diocese, apuntáronse inmediatamente con ilusión e compromiso.

Inda así, intentamos facer que viñeran amigos doutras dioceses pero a cousa non saíu. Foise reducindo o número de persoas ata que quedaron na versión final os músicos católicos de Tui-Vigo (para que vexades que compromiso teñen, e moito...), polo que non quero deixar pasar a ocasión de presentarvos a todos e que os coñezades, de nome e/ou en foto.


PARTICIPANTES NA MAQUETA 
GRAVADA EN SANTIAGO:
Antonio Rodríguez Aldemunde, Fernando Villa Vieiro, Ánxeles Goás Amado, Cristina Castro González, Gonzalo Gesto Quiñoy, Patricia Gómez Beltrán, Xosé Francisco Martínez Reboiras 




PARTICIPANTES NO VÍDEO:
Músicos católicos (nomes artísticos, neste caso...):

 Rubén de Lis e Manu Escudero

 Sara & Mingos (& = Fran)



O técnico audiovisual: Ángel Romero Iglesias



E os coros, de esquerda a dereita (non nomeados antes)
Patricia Bada Moreira,  Sara Álvarez Argiz (violín)
e Nuria M.Núñez Elissetche


Gravación das voces: Casa de tolos
Arranxos e mestura: Santafé Producciones

Colaboraron no proxecto: 
Revista Encrucillada  /  Editorial SEPT / Parroquia de S.Pedro da Ramallosa



(Menos mal que isto non é cousa miña..., é Deus o que decide 
e puxo nos vosos corazóns un SI como o de María...)

Non sei como darvos as grazas a todos pola ilusión e o esforzo...


+ Pedíronme que fixera o himno da XMX 
versión karaoke para cantar e aprender a canción. 

Pedide e recibiredes...









Comentarios

Publicacións populares