Domingo 3 de Ordinario C
PRIMEIRA Neh 8, 2-4a. 5-6. 8-10
Lían no libro da Lei e facían comprende-lo seu senso
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE NEHEMÍAS
2O sacerdote Esdras trouxo a Lei diante da asemblea, onde se
atopaban os homes, mulleres
e todos cantos eran capaces de comprende-lo que oían. Era o
primeiro día do sétimo mes.
3El leu no libro, desde o amañecer ata o mediodía, ós homes,
mulleres e a cantos tiñan uso
de razón. Os oídos de todo o pobo estaban atentos ó libro da
Lei.
4O escriba Esdras estaba en pé sobre unha tarima de madeira,
preparada con esta ocasión
5Esdras abriu o libro á vista de todo o pobo, pois
colocárase por cima da comunidade, e
cando o abriu, o pobo púxose en pé. 6Entón Esdras bendiciu ó
Señor, o gran Deus, e todo
o pobo respondeu: -"Amén, amén", levantando as mans.
Despois inclináronse e
prosternáronse diante do Señor, rostro en terra.
8Lían no libro da Lei de Deus, traducíndoo e facendo
comprende-lo que lían.
9Entón o gobernador Nehemías, o sacerdote-escriba Esdras e
os levitas que explicaban a
Lei ó pobo, dixeron a toda a asemblea:
-"Este día está consagrado ó Señor, o voso Deus. Polo
tanto, cesade no voso pranto e non
choredes máis" (pois todo o pobo choraba ó oí-las
palabras da Lei).
10El díxolles:
-"Idevos e comede ben, e bebede excelentes viños, e
levádelles tamén ós que non teñen
nada preparado, pois este día está consagrado ó noso Señor.
Nin sigades tristes, porque o
gozo do Señor é a vosa forza".
SALMO RESP. Sal 18, 8. 9. 10. 15
R/ (Xn 6, 63c): As túas palabras, Señor, son Espírito e vida
8A lei do Señor é perfecta:
reconforta a alma;
a declaración do Señor é firme:
fai sabio ó inxenuo;
9os mandatos do Señor son rectos:
aledan o corazón;
o precepto do Señor é limpo:
ilumina os ollos;
10o temor do Señor é puro:
permanece por sempre;
as decisións do Señor son verdadeiras:
enteiramente xustas.
15Dígnate acepta-la
palabra
da miña boca,
e o sentir do meu corazón,
Señor, a miña rocha e o meu redentor.
SEGUNDA 1 Cor 12, I2-30 (máis longa)
Vós sodes corpo de Cristo e tamén membros, cada un pola súa
parte
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN
PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS
Irmáns e irmás:
12Igual que o corpo, sendo un, ten moitos membros e todos
estes membros, con seren
moitos, non fan máis dun corpo: así tamén Cristo. 13Porque a
todos nos bautizaron nun
único Espírito, para formarmos un único corpo: tanto xudeus
coma gregos, tanto escravos
coma libres. E a todos se nos deu a beber un único Espírito.
14Pois ben, o corpo non está formado por un único membro
senón por moitos. 15Se o pé
dixer: "como non son man, eu non son do corpo",
non por iso deixaba de ser do corpo. 16E
se o oído dixer: "como non son ollo, eu non son do
corpo", non por iso deixaba de ser do
corpo. 17Se todo o corpo for ollo, ¿onde estaría o oído? Se
for todo oído, ¿onde estaría o
ulido?
18Ora, foi Deus quen puxo os membros, colocando cada un
deles no corpo coma El quixo.
19Se todo for un único membro, ¿onde estaría o corpo? 20En
realidade, hai moitos
membros, pero un corpo só. 21O ollo non lle pode dicir á
man: "Non preciso de ti", nin a
cabeza ós pés: "non preciso de vós". 22Todo o
contrario: os membros do corpo que
parecen máis débiles son os máis necesarios; 23e os que
temos por menos decorosos,
cubrímolos con máis decoro; e os menos honestos tratámolos
con máis recato; 24cousa
que non precisan os honestos. Deus dispuxo o corpo, dándolle
máis honor ó máis privado
del, 25para que non haxa discordia no corpo; senón que, ó
revés, os membros se
preocupen por igual uns dos outros. 26E así, cando padece un
membro, todos padecen con
el; cando a un membro o tratan ben, todos se alegran con el.
27Ben, pois vós sodes corpo de Cristo e tamén membros, cada
un pola súa parte. 28Na
Igrexa dispuxo Deus primeiro apóstolos, logo profetas, en
terceiro lugar mestres. Despois
os que teñen poder de facer milagres; finalmente os que
teñen don de curacións, de
asistencia, de goberno, de falar distintas linguas. 29¿Ou é
que todos son apóstolos? ¿Todos
son profetas? ¿Todos son mestres? ¿Todos fan milagres?
30¿Todos teñen o don de curar?
¿Todos falan en moitas linguas? ¿Todos saben interpretar?
Ou máis breve: 12-14. 27
12Igual que o corpo, sendo un, ten moitos membros e todos
estes membros, con seren
moitos, non fan máis dun corpo: así tamén Cristo. 13Porque a
todos nos bautizaron nun
único Espírito, para formarmos un único corpo: tanto xudeus
coma gregos, tanto escravos
coma libres. E a todos se nos deu a beber un único Espírito.
14Pois ben, o corpo non está formado por un único membro
senón por moitos.
27Ben, pois vós sodes corpo de Cristo e tamén membros, cada
un pola súa parte
ALELUIA Lc 4, 18:
Mandoume o Señor a evanxeliza-los pobres;
a predica-la liberación ós cautivos
EVANXEO Lc 1, 1-4; 4, 14-21
Hoxe cumpriuse esta Escritura
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
1 1Posto que moitos emprenderon a tarefa de narrar
axeitadamente os feitos ocorridos
entre nós, 2tal como nolos transmitiron desde o principio as
testemuñas oculares e mailos
predicadores da palabra, 3decidín eu tamén, despois de me
informar con tino desde as
orixes, escribirchos ordenadamente para ti, ilustre Teófilo,
4a fin de que coñezas ben a
firmeza das ensinanzas nas que te instruíron.
14Coa forza do Espírito Santo, Xesús voltou a Galilea, e a
súa sona estendeuse por toda a
redonda.
15Ensinaba nas sinagogas, e todo o mundo dicía moito ben
del.
16Chegou a Nazaret, onde se criara, e o sábado entrou, como
estaba afeito, na sinagoga.
Ergueuse para face-la lectura, 17e déronlle o libro do
profeta Isaías. Abriuno e atopou
unha pasaxe que dicía:
18O Espírito do Señor está sobre min
porque El foi quen me unxiu
para proclamárlle-la Boa Nova ós pobres.
Mandoume para lles anuncia-la liberación ós secuestrados
e a vista ós cegos,
para lles dar liberdade ós asoballados,
19e proclama-lo ano de gracia do Señor.
20Pechando o libro, devolveullo ó encargado, e sentou.
Tódolos ollos da sinagoga enteira
estaban fixos nel. 21Logo empezoulles a dicir:
-Hoxe cúmprese diante de vós esta pasaxe da Escritura.
Comentarios
Publicar un comentario