Domingo 21 de Ordinario B
PRIMEIRA Xos 24, 1-2a. 15-17. 18b
Serviremos ó Señor, porque El é o noso Deus
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE XOSUÉ
24 1Xuntou Xosué a tódalas tribos de Israel en Xequem, e chamou ós anciáns de Israel, ós
xefes, ós xuíces e mais ós oficiais, e presentounos diante de Deus. 2E Xosué falou a todo o
pobo deste xeito:
Se vos anoxa servir ó Señor, escollede hoxe a quen ides servir: se ós deuses que serviron
vosos pais na outra banda do río, ou ós deuses dos amorreos, os da terra que habitades. Eu
e maila miña familia serviremos ó Señor".
16E respondeu o pobo:
-"Lonxe de nós arredármonos do Señor para servir a outros deuses, 17pois o Señor, o noso
Deus, fíxonos subir a nós e a nosos devanceiros da terra de Exipto, da casa do
asoballamento, e fixo diante de nós aqueles grandes prodixios e protexeunos ó longo de
todo o camiño que percorremos, e mais por tódolos poboados por onde pasamos. Así que
tamén nós serviremos ó Señor, pois El é o noso Deus".
SALMO RESPONSORIAL Sal 33, 2-3. 16-17. 18-19. 20-21. 22-23
R/ (9a): Gustade e vede que bo é o Señor
2Eu bendigo ó Señor en todo instante,
teño sempre na boca a súa louvanza;
3gloríome no Señor,
e os humildes alégranse, ó escoitalo.
16Os ollos do Señor están cara ós xustos,
os seus oídos cara ó seu clamor;
17mais o Señor mira con enfado ós malvados,
para borrar da terra a súa memoria.
18Claman aqueles, e o Señor escoita,
líbraos de tódalas angustias.
19O Señor está preto do aflixido,
salva ó asoballado.
20Moitos son os males dos xustos,
pero de todos os libra o Señor.
21El coida dos seus ósos,
nin un só romperán.
22A maldade mata ó impío;
quen aborrece os xustos será castigado.
23O Señor redime os seus servos:
non será castigado quen a El se acolle.
SEGUNDA Ef 5, 21-32
Este é un sacramento grande, falo de Cristo e da Igrexa
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS EFESIOS
Irmáns e irmás:
21Sede ben guiados uns cos outros por respecto a Cristo: 22as mulleres sométanse ós propios maridos, coma se fose o Señor, 23pois o marido é cabeza da muller, coma tamén Cristo é cabeza da Igrexa, o salvador do corpo. 24E, coma a Igrexa se somete a Cristo, así tamén as mulleres ós seus maridos, en todo.
25Homes, amade as vosas mulleres, coma tamén Cristo amou a Igrexa e se entregou por ela 26para santificala, purificándoa co baño de auga na palabra, 27e para presentala deste xeito diante de si, radiante, sen lixo nin enruga nin cousa polo estilo senón santa e inmaculada. 28Así deben tamén os maridos ama-las súas mulleres coma os seus propios corpos. Quen ama a súa muller, ámase a si mesmo, 29porque ninguén odiou endexamais a súa propia carne senón que a mantén e aquece, como fai Cristo coa Igrexa, 30porque somos membros do seu corpo.
31Por iso deixará o home a seu pai e maila súa nai e unirase á súa muller e serán os dous un único ser. 32Grande misterio é este e eu refíroo a Cristo e á Igrexa.
ALELUIA Cf Xn 6, 63c. 68c:
As túas palabras, Señor, son espírito e vida;
tes palabras de vida eterna.
EVANXEO Xn 6, 60-69
E onda quén imos ir? Ti tes palabras de vida eterna
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Moitos dos discípulos de Xesús dixeron:
-¡Que dura é esta doutrina! ¿Quen pode admitir tal cousa?
61Comprendendo Xesús que os seus discípulos murmuraban do asunto, díxolles:
-¿Escandalízavos iso? 62¿E logo se viséde--lo Fillo do Home subindo a onde estaba antes?
63O espírito é quen dá vida, a carne non vale para nada; as palabras que eu vos falei, son
espírito e son vida. 64E, aínda así, hai algúns de vós que non cren.
Pois ben sabía Xesús desde o principio quen eran os que non crían e mais quen o había de
entregar. 65E proseguiu:
-Por iso téñovos dito que ninguén pode vir a min, se non llo concede o Pai.
66Desde aquela moitos dos seus discípulos botáronse para atrás, e xa non andaban con el.
67Preguntoulles entón Xesús ós Doce:
-¿Vós tamén vos queredes ir?
68Respondeulle Simón Pedro:
-Señor, ¿e onda quen imos ir? Ti tes palabras de vida eterna, 69e nós cremos e
recoñecemos que ti e-lo Santo de Deus.
Comentarios
Publicar un comentario