Domingo 19 de Ordinario B
PRIMEIRA 1 Re 19, 4-8
Coa forza daquel pan puido chegar ata o monte de Deus
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DOS REIS
4Elías seguiu polo deserto, un día de camiño. Alí foi sentar
debaixo dunha xesta, e pediu a
morte, dicindo: -"Xa chega, Señor. Quítame a vida, pois
non vallo eu máis cós meus pais".
5Deitouse á sombra da xesta e durmiuse. Un anxo tocouno e
díxolle: -"Érguete e come".
6Mirou Elías e viu á súa cabeceira unha bica cocida no
rescaldo e un xerro de auga. Comeu
e bebeu daquilo e volveuse deitar.
7Tornou de segundas o anxo do Señor e tocouno, dicíndolle:
-"Érguete e come, que che
queda moito camiño". 8Ergueuse Elías, comeu e bebeu e,
coa forza daquel sustento, andou
corenta días coas súas noites, ata o monte de Deus, o Horeb.
SALMO RESPONSORIAL
Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7. 8-9
R/ (9a): Gustade e vede que bo é o Señor
2Eu bendigo ó Señor en todo instante,
teño sempre na boca a súa louvanza;
3gloríome no Señor,
e os humildes alégranse, ó escoitalo.
4Exaltade comigo ó
Señor,
louvemos xuntos o seu nome.
5Eu busco ó Señor, e El responde,
líbrame de tódolos temores.
6Ollade para El e refulxide,
non poñades caras murchas.
7O Señor escoita ó pobre que o chama
e líbrao de tódolos apretos.
8O anxo do Señor
acampa en torno ós seus fieis
e dálles seguridade.
9Gustade e vede que bo é o Señor:
feliz quen a El se acolle.
SEGUNDA Ef 4, 30 - 5, 2
Camiñade no amor, igual ca Cristo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO
APÓSTOLO ÓS EFESIOS
Irmáns e irmás:
30Non aflixades ó Santo Espírito de Deus, que vos selou para
o día da redención.
31Arredade de vós toda retranca, carraxe, ira, berros ou
aldraxes e calquera outra maldade;
32máis ben sede bondadosos e misericordiosos uns cos outros,
perdoándovos mutuamente,
coma Deus vos perdoou en Cristo.
5 1Facédevos, logo, imitadores de Deus, coma fillos
queridos, 2e camiñade no amor, igual
ca Cristo, que vos amou e que se entregou por nós coma
ofrenda e víctima a Deus de
recendo agradable.
ALELUIA Xn 6, 51:
Eu son o pan vivo que baixou do ceo, di o Señor;
quen coma deste pan vivirá para sempre
EVANXEO Xn 6, 41-51
Eu son o pan vivo que baixou do ceo
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
41Os xudeus comezaron a murmurar de Xesús, porque dixera
"Eu son o pan que baixou do
ceo", 42e dicían:
-¿Non é este Xesús, o fillo de Xosé? ¿Non lle coñecémo-lo
pai e maila nai? ¿Como di,
logo "Eu baixei do ceo"?
43Xesús respondeulles:
-Non esteades aí a murmurar. 44Nin-guén pode vir onda min se
non o trae o Pai que me
mandou, e eu resucitareino no derradeiro día. 45Está escrito
nos Profetas: todos serán
ensinados por Deus: todo aquel que escoita ó Pai e aprende,
vén onda min. 46Non porque
alguén vise ó Pai; o único que viu ó Pai é o que estaba onda
Deus. 47Con toda verdade
volo aseguro: quen cre, ten vida eterna.
48Eu son o pan da vida. 49Os vosos pais comeron o maná no
deserto, pero morreron.
50Este é o pan que baixa do ceo, para que quen coma del non
morra. 51Eu son o pan vivo
que baixou do ceo: se alguén come deste pan, vivirá para
sempre; e o pan que eu darei, é a
miña carne, para a vida do mundo.
Comentarios
Publicar un comentario