Domingo 20 de Ordinario B
PRIMEIRA Prov 9, 1-6
Comede o meu pan e bebede o viño que mesturei para vós
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS PROVERBIOS
9 1A Sabedoría construíu a súa casa
tallou as
súas sete columnas,
2fixo a matanza do gando, mesturou o seu viño,
e preparou a súa mesa;
3despachou as súas criadas a anuncia-lo convite
polos altos da cidade:
4-"Quen sexa inxenuo, que se achegue aquí";
ó que carece de siso dille:
5-"Vide, comede do meu pan
e bebede do viño que mesturei,
6deixade a vosa inxenuidade e viviredes,
camiñade pola vía da intelixencia".
SALMO RESPONSORIAL Sal 33, 2-3. 10-11. 12-13. 14-15
R/ (9a): Gustade e vede que bo é o Señor
2Eu bendigo ó Señor en todo instante,
teño sempre na boca a súa louvanza;
3gloríome no Señor,
e os humildes alégranse, ó escoitalo.
10Temede ó Señor os
seus devotos,
pois nada lles falta ós que o temen.
11Empobrecen os ricos, pasan fame,
pero ós que buscan ó Señor ningún ben lles faltará.
12Vinde, fillos; escoitade:
ensinaréivo-lo temor do Señor.
13¿Quen ama a vida
e arela días de prosperidade?
14Garda a túa lingua do mal,
os teus labios de falas enganosas.
15Arrédate do mal e fai o ben,
busca a paz, corre tras ela.
SEGUNDA Ef 5, 15-20
Comprendede cal é a vontade do Señor
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS EFESIOS
Irmáns e irmás:
15Mirade con tino como camiñades: non coma atolados senón
coma sensatos, 16aproveitando ben este tempo, que corren días malos. 17Por
iso, non sexades irreflexivos; ó contrario, tratade de comprender cal é a vontade do Señor.
18Non vos emborrachedes con viño, que leva á libertinaxe; en
vez diso enchédevos de Espírito, 19falando entre vós con salmos, himnos e cánticos
espirituais, cantando e salmodiando con toda a alma para o Señor 20e dándolle
gracias decote a Deus Pai, por todo, no nome do noso Señor Xesús Cristo.
ALELUIA Xn 6, 56:
Quen come a miña carne e bebe o meu sangue,
permanece en min e eu nel, di o Señor
EVANXEO Xn 6, 51-58
A miña carne é verdadeira comida e o meu sangue é verdadeira
bebida
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Dille Xesús á xente:
51Eu son o pan vivo que baixou do ceo: se alguén come deste
pan, vivirá para sempre; e o pan que eu darei, é a miña carne, para a vida do mundo.
52Discutían entón entre eles os xudeus:
-¿Como pode este darnos a come-la súa carne?
53Díxolles entón Xesús:
-Con toda verdade volo aseguro: se non coméde-la carne do
Fillo do Home e non bebéde-lo seu sangue, non teredes vida en vós. 54Quen come a miña
carne e bebe o meu sangue, ten vida eterna e eu resucitareino no derradeiro día. 55Pois
a miña carne é verdadeira comida e o meu sangue é verdadeira bebida. 56Quen come a
miña carne e bebe o meu sangue, permanece en min e eu nel. 57Así coma o Pai, que me
mandou, vive e eu vivo polo Pai, así tamén quen me coma vivirá por min. 58Este é o
pan que baixou do ceo; non coma o que comeron os pais que mesmo así morreron: quen come
este pan, vivirá para sempre.
Comentarios
Publicar un comentario