Ascensión do Señor - ciclo B
PRIMEIRA Feit 1, 1-11
Elevouse á vista deles
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS
APÓSTOLOS
1 1O primeiro libro fíxeno, Teófilo, acerca de todo o que
Xesús obrou e ensinou desde o
comezo, 2ata o día que foi levado ó ceo, logo de ter dado
instruccións polo Espírito Santo
ós apóstolos que escollera.
3Os mesmos que tamén se lles amosara vivo, con moitas probas
despois da súa paixón,
aparecéuselles durante corenta días e faláballes das cousas
referentes ó Reino de Deus. 4E
comendo con eles, encomendoulles que non se retirasen de
Xerusalén, senón que
agardasen a promesa do Pai que me escoitastes a min: 5porque
Xoán bautizou con auga,
mais a vós bautizarásevos co Espírito Santo, de aquí a
poucos días.
6Os que estaban reunidos preguntábanlle:
-Señor, ¿é agora cando vas restablece-lo Reino de Israel?
7El respondeulles:
-Non vos acae a vós coñece-lo tempo ou a oportunidade que o
Pai fixou co seu propio
poder. 8Pero recibiréde-la forza do Espírito Santo, que virá
sobre vós e seréde-las miñas
testemuñas en Xerusalén, en toda a Xudea e Samaría e ata os confíns
da terra.
9En dicindo isto, elevouse á vista deles e unha nube
quitóullelo da súa vista. 10E estando
eles fitando para o ceo mentres el marchaba,
presentáronselles dous homes con vestidos
brancos, 11que dixeron:
-Galileos, ¿que facedes ollando para o ceo? Este Xesús que
vos foi levado de entre vós ó
ceo, ha volver do mesmo xeito que o vistes ir.
SALMO RESP. Sal 46, 2-3. 6-7. 8-9
R/ (6): Deus sobe entre aclamacións,
o Señor, ó son de trompetas.
2Aplaudide, pobos
todos,
aclamade a Deus con cancións.
3O Señor é excelso e terrible,
o grande rei de toda a terra.
6Deus sobe entre aclamacións,
o Señor, ó son de trompetas.
7Cantádelle a Deus, cantádelle,
cantádelle ó noso rei, cantádelle.
8Deus é o rei de toda a terra:
cantádelle con xeito.
9Deus reina sobre as nacións,
sentado no seu trono sagrado.
Sentouno á súa dereita no ceo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE S.PAULO
APÓSTOLO ÓS EFESIOS
Irmáns e irmás:
O Deus do noso Señor Xesús Cristo, o Pai glorioso, vos
conceda espírito de sabedoría e de
revelación, para coñece-lo ben; 18que manteña iluminados os
ollos da vosa alma, para que
comprendáde-las esperanzas que abre a súa chamada, a riqueza
que supón a súa gloriosa
herdanza destinada ós crentes, 19e o extraordinario portento
que é o seu poder verbo de
nós, os que cremos, en consonancia co vigor da súa potencia
e da súa forza, 20que exerceu
con Cristo resucitándoo de entre os mortos e sentándoo á súa
dereita nos ceos, 21por riba
de toda soberanía, autoridade, forza e dominio, e por riba
de todo título recoñecido neste
mundo e tamén no vindeiro. 22Someteuno todo baixo os seus
pés e deullo por riba de todo
como cabeza á Igrexa, 23que é o seu corpo, a plenitude
daquel que o enche todo en tódalas
cousas.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Mt 28, 19a.
20b
Ide e ensinade a tódalas xente, di o Señor:
eu estou convosco tódolos días
ata a fin do mundo
Mc 16, 15-20
Foi elevado ó ceo e senta á dereita de Deus
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Aparecéndose Xesús ós once, díxolles:
-Ide polo mundo enteiro, anunciando a Boa Nova a toda a
creación. 16Quen crea e se
bautice, salvarase; quen non crea, condenarase. 17Os que
crean irán acompañados destes
sinais: no meu nome botarán demos, falarán linguas novas;
18collerán serpes coas mans, e
se chegan a beber algún veleno, non lles fará mal ningún;
imporánlle-las mans ós
enfermos, e estes curarán.
19O Señor, despois de lles falar así, elevouse ó ceo, e
sentou á dereita de Deus. 20Eles
saíron a predicar por todas partes, contando coa
colaboración do Señor, que confirmaba a
súa palabra cos sinais que os acompañaban.
Comentarios
Publicar un comentario