17 de Maio - Día das Letras Galegas
María Victoria Moreno
Unha aperta especial nesta data aos que, non nacendo aquí, elixen o noso pobo e a nosa fala simplemente para ser, -como a nosa homenaxeada de hoxe-, non teño palabras bastantes para darlles as grazas, eles si que dignifican o galego (aproveito para saudar ao meu amigo Nick)...
Grazas pola nosa fala,
a nosa fala galega,
a fala propia de nós,
a fala da nosa Terra.
Falémola con orgullo,
defendámola sen leas,
co gozo de compartir
herdanza tan feiticeira.
Porque na vida dos pobos
é a fala unha riqueza,
quen a emprega con cariño
co seu pobo goza e medra.
Manolo Regal
Comentarios
Publicar un comentario