6º Domingo de Pascua
PRIMEIRA Feit 10, 25-26. 34-35. 44-48
Tamén entre xentís foi derramada a gracia do Espírito Santo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS
APÓSTOLOS
25Cando Pedro ía entrar, foi Cornelio á porta e botándoselle
os pés, postrouse. 26Pero
Pedro levantouno, dicíndolle:
-Érguete, que eu tamén son un home.
34Tomou entón Pedro a palabra e dixo:
-Abofé, vexo que Deus non fai distinción de persoas, 35senón
que acepta ó que lle é fiel e
practica a xustiza, sexa da nación que sexa. 44Aínda Pedro
estaba a dicir estas cousas,
cando o Espírito Santo veu sobre tódolos que escoitaban a
palabra. 45Tódolos crentes da
circuncisión, que viñeran con Pedro, ficaron cheos de
asombro, ó veren que o don de
Espírito Santo tamén se espallaba sobre os pagáns, 46pois
sentíanos falar en linguas e
louvar a Deus. Entón Pedro dixo:
47-¿Pode alguén negarlle a auga do bautismo ós que recibiron
o Espírito Santo o mesmo
ca nós?
48E mandou que os bautizasen no nome de Xesús Cristo. Entón
pedíronlle que quedase
con eles algúns días.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESP. Sal 97, 1. 2-3ab. 3cd-4
R/ (cf 2b): O Señor revela a súa xustiza ante os pobos.
Ou: Aleluia
Cantádelle ó Señor un cántico novo,
pois fixo marabillas,
a súa dereita e o seu brazo
déronlle a victoria.
2O Señor dá a coñece-la súa salvación,
revela a súa xustiza ante os pobos.
3Lembra o seu amor e a súa fidelidade
coa casa de Israel.
Os pobos todos verán
a salvación do noso Deus.
4Aclama ó Señor, terra enteira,
rompede a cantar e a tocar.
SEGUNDA 1 Xn 4, 7-10
Deus é amor
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN
XOÁN
7Meus amigos, amémonos úns ós outros, porque o amor vén de
Deus; e todo aquel que
ama naceu de Deus e coñece a Deus. 8O que non ama, aínda non
coñece a Deus, porque
Deus é amor.
9O amor de Deus fíxose ver entre nós en que Deus mandou ó
mundo o seu Fillo
Unixénito, para que nos dese a súa vida. 10Hai amor dentro
de nós, non porque nós
teñamos amado a Deus, senón porque El nos amou a nós e
mandou o seu Fillo para que
expiase os nosos pecados.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Xn 14, 23
Quen me ama, cumplirá a miña palabra, di o Señor;
e o meu Pai amarao e viremos a el
EVANXEO Xn 15, 9-17
Ninguén ten amor meirande ca este: que un dea a súa vida
polos amigos
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Dilles Xesús ós seus discípulos:
9Coma me amou o Pai, así vos amei eu: permanecede no meu
amor. 10Se gardáde-los
meus mandamentos, permaneceredes no meu amor, coma eu gardei
os mandamentos de
meu Pai, e permanezo no seu amor. 11Díxenvos estas cousas,
para que a miña alegría
estea en vós, e a vosa alegría sexa plena.
12Este é o meu mandamento: que vos amedes uns a outros coma
eu vos amei. 13Ninguén
ten amor meirande ca este: que un dea a súa vida polos
amigos. 14Vós sodes amigos meus,
se facedes canto eu vos mando. 15Xa non vos chamo servos,
que o servo non sabe o que
fai o seu señor: a vós trateivos de amigos, pois todo o que
lle oín a meu Pai déivolo a
coñecer. 16Non me escollestes vós a min, senón que vos
escollín eu a vós; e púxenvos
para que vaiades e levedes froito e o voso froito permaneza;
de xeito que todo o que lle
pidades ó Pai no meu nome, volo conceda. 17Mándovos isto:
que vos amedes uns a outros.
Comentarios
Publicar un comentario