5º Domingo de Pascua B
PRIMERA Feit 9, 26-31
Contoulles cómo vira ó Señor no camiño
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS
APÓSTOLOS
26Chegado Saulo a Xerusalén, procuraba xuntarse cos
discípulos; pero todos lle tiñan
medo, non crendo que fose discípulo de verdade. 27Pero
Bernabé, colleuno consigo e
levouno onda os apóstolos. Saulo contoulles que vira o Señor
no camiño, que lle falara e
que en Damasco predicara publicamente no nome de Xesús.
28Conviviu con eles en
Xerusalén, predicando con ousadía no nome do Señor. 29Falaba
e discutía tamén cos
helenistas, pero estes queríano matar. 30O sabelo, os irmáns
le-várono para Cesarea e
fixérono seguir a Tarso.
31Daquela, a Igrexa tiña paz en toda a Xudea, Galilea e mais
Samaría. Crecía coma un
edificio, progresaba na fidelidade ó Señor e coa asistencia
do Espírito Santo ía
aumentando en número.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESP. Sal 21, 26b-27. 28 e 30. 31-32
R/ (26a): De ti vén a miña louvanza na asemblea
Ou: Aleluia
26Cumprirei os meus
votos, ante os que te temen.
27Os pobres comerán ata fartarse,
louvarán ó Señor os que o buscan
e disfrutarán de vida duradeira.
28Acordarán e volverán ó Señor
tódolos confíns da terra;
axeonllaranse na súa presencia
as familias todas dos pobos.
30A El só adorarán os satisfeitos da terra,
ante El axeonllaranse os que baixan ó po
coa súa alma sen vida.
31A súa posteridade hao servir
e proclamará ó Señor polas xeracións.
32Cando veñan, cantarán a súa xustiza
e as súas obras para os que nazan.
SEGUNDA 1 Xn 3, 18-24
Éste é o seu mandamento, que creamos e amemos
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN
XOÁN
18Meus filliños, non amemos de palabra e de lingua, senón
con feitos e na verdade.
19Deste xeito saberemos que vivimos conforme a verdade e
sosegarémo-lo noso corazón
diante do tribunal de Deus. 20Porque aínda que o noso
corazón nos acuse, Deus é
meirande có noso corazón e coñece todo. 21Meus amigos, se o
corazón non nos acusa,
temos confianza para nos achegar a Deus 22e El dáno-lo que
lle pidamos, porque
cumprimos cos seus mandamentos e facémo-lo que a El lle
agrada.
23Isto é o que El manda: que creamos no seu Fillo Xesús
Cristo e que nos queiramos ben
uns ós outros, coma el nos mandou. 24O que cumpre cos seus
mandamentos, está en
comuñón con Deus, e Deus en comuñón con el: coñecemos que
Deus está en comuñón
connosco polo Espírito que nos deu.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Xn 1, 4a. 5b:
Permanecede en min e eu en vós, di o Señor;
quen permanece en min, é portador de froito abondoso
EVANXEO Xn 15, 1-8
Quen permanece en min e eu nel, é portador de froito
abondoso
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Dilles Xesús ós seus
discípulos:
15 1Eu son a verdadeira vide, e meu Pai é o labrador. 2O
bacelo que en min non leva
froito, arríncao; e o que leva froito, límpao, para que leve
máis froito aínda. 3Vós xa
estades limpos, pola palabra que vos teño falado.
4Permanecede en min e eu en vós.
Así como o ramo non pode levar froito pola súa conta, se non
permanece na vide, vós
tampouco, se non permanecedes en min. 5Eu son a vide; vós os
bacelos. Quen
permanece en min e eu nel, ese leva froito abondoso, pois
fóra de min non podedes facer
nada. 6Se alguén non permanece en min, é coma os ramos
arrincados fóra, que secan;
apáñanos, bótanos no lume e arden. 7Se permanecedes en min e
as miñas palabras
permanecen en vós, pedide o que queirades e hásevos facer.
8Nisto é glorificado meu Pai:
en que levedes froito abondoso e vos mostredes coma
discípulos meus.
Palabra do Señor R/ Loámoste, Cristo
Comentarios
Publicar un comentario