3º Domingo de Pascua B
PRIMEIRA Feit 3, 13-15. 17-19
Matastes ó autor da vida, a quen Deus resucitou de entre os
mortos
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS
APÓSTOLOS
Dille Pedro ó pobo:
13O Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob, o Deus de nosos
pais, glorificou ó seu servo
Xesús, a quen vós entregastes e negastes diante de Pilato,
cando este estaba decidido a
deixalo en liberdade. 14Pero vós rexeitáste-lo Santo e o
Xusto; pedistes que indultasen a
un asasino, 15mentres que matastes ó dono da vida, a quen
Deus resucitou de entre os
mortos; disto nós somos testemuñas.
17Xa sei, irmáns, que obrastes por ignorancia, como tamén as
vosas autoridades; 18pero
Deus cumpriu así o que anunciara por boca dos profetas: que
o seu Cristo padecería.
19Arrepentídevos, logo, e convertédevos, para que se borren
os vosos pecados
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESP. Sal 4, 2. 4. 7. 9
R/ (7a): Pon, Señor, sobre nós o sinal da luz do teu rostro
2Cando te chame, respóndeme, Deus, meu liberador;
ti que na angustia me consolas,
apiádate e escoita a miña oración.
4Sabede que o Señor fai milagres co seu amigo,
que o Señor me escoita, cando o chamo.
7Moitos din: -"¿Quen nos mostrará a felicidade,
se fuxiu de nós, Señor, a luz da túa presencia?"
9En paz déitome e logo adormezo,
porque só ti, Señor, me dás seguridade.
SEGUNDA 1 Xn 2, 1-5a
El é propiciación polos nosos pecados e polos de todo o
mundo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN
XOÁN
2 1Meus filliños, escríbovos estas cousas para que non
pequedes; pero, se algún peca,
temos quen nos defenda diante do Pai: Xesús Cristo, o
xustificador. 2El é quen expía os
nosos pecados; e non só os nosos senón tamén os de todo o
mundo.
3Sabemos que o coñecemos de verdade polo feito de que
cumprimos cos seus
mandamentos. 4O que di: "Eu coñézoo" pero non
cumpre cos seus mandamentos, é un
mentireiro e non ten en si a verdade revelada. 5Quen garda a
súa Palabra, nel o amor de
Deus chega de verdade ó máximo.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Cf Lc 24, 32
Señor Xesús, descúbreno-lo senso das Escrituras;
fai arde-lo noso corazón menttres nos falas
EVANXEO Lc 24, 35-48
Tal está escrito, que Cristo ha padecer e resucitar de entre
os mortos ó terceiro día
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
35Os discípulos de Xesús contaron o que lles pasara polo
camiño, e como o recoñeceran
no parti-lo pan.
36Estando eles comentando estas cousas, presentóuselles
Xesús no medio e díxolles:
-¡A paz sexa convosco!
37Sobresaltados e cheos de medo, coidaban contemplar un
espírito. 38Pero el díxolles:
-¿Por que estades asustados, e a que veñen esas dúbidas?
39Mirade para as miñas mans e
para os meus pés: sonvos eu. Palpade aquí e decatádevos de
que un espírito non ten carne
nin ósos, como vedes que teño eu.
40E dicindo isto, mostróulle-las mans e mailos pés. 41Pero
eles, tolos de contento e sen
saíren do seu asombro, non acababan de crer. Xesús
preguntoulles:
-¿Tedes por aí algo que comer?
42Déronlle un anaco de peixe asado. 43El colleuno e comeuno
diante deles. 44Logo
díxolles:
-A isto referíame eu cando, estando aínda convosco, vos
dicía que conviña que se
cumprise todo o que está escrito na Lei de Moisés, nos
Profetas e mais nos Salmos acerca
de min.
45E abriu os seus entendementos para que comprendesen as
Escrituras. 46E engadiu:
-Así está escrito: o Mesías padecerá e resucitará de entre
os mortos no terceiro día, 47e
predicarase no seu nome a conversión e mailo perdón dos
pecados a tódolos pobos,
empezando por Xerusalén. 48Vós seredes testemuñas de todo
isto.
Comentarios
Publicar un comentario