Terceira Semana de Coresma
3ª SEMANA de CORESMA
Xuntos damos COR ao mundo.
Hoxe imos ler o evanxeo de Mt. 22, 34-40, di así: "Un doutor da lei, fariseo, preguntou a Xesús:
-Mestre cal é o mandamento máis importante da Lei?
-El contestou: Amarás ao Señor o teu Deus con todo o teu corazón, con toda a túa alma e con toda a túa intelixencia. Este é o primeiro mandamento e o máis importante. Pero hai un segundo mandamento que é parecido a este: Amarás ao teu próximo como a ti mesmo. Nestes dous mandamentos resúmese toda a lei de Moisés e o ensino dos profetas".
O problema está en que non podemos querernos a nós mesmos se non queremos aos outros e non podemos querer aos outros se non nos queremos a nós mesmos. E a solución é o estar convencidos de que non existimos só para nós e unicamente cando estamos convencidos desta verdade comezamos a querernos adecuadamente e así queremos aos outros. Este é a verdadeira cor da amizade e do amor. Ánimo! e tenta vivir tamén para os outros, empeza a terlles máis en conta, rexeita o teu egoísmo. Serás máis feliz.
MARTES
Naquel tempo Pedro foi e preguntou ao Xesús: "Señor cantas veces hei de perdoar? Ata sete?". Xesús contestoulle: "Non dígoche ata sete, senón ata setenta veces sete". ( Mt.18,21-22)
Isto quere dicir que teño que dar a COR do perdón. Perdoar sempre, que é o que significa o número sete na Biblia, superando a chamada lei do talión "ollo por ollo e dente por dente". O noso mundo necesita corazóns misericordiosos... que se opoñan a toda clase de vinganza. Xesús convídanos a quitar de nós o rancor que podemos sentir cara ás persoas que nos ofenderon. Non é fácil perdoar e esquecer. O evanxeo pídenos que acollamos o perdón que vén de Deus para que nós podamos dar ese mesmo perdón aos que nos feriron, ofendido, aos que falaron mal de nós. Estamos dispostos a perdoar de corazón?
MÉRCORES
Xesús viu a un publicano chamado Leví, sentado ao mostrador dos impostos, e díxolle: «Sígueme». El, deixándoo todo, levantouse e seguiuno. Leví ofreceu na súa honra un gran banquete na súa casa, e estaban á mesa con eles, un gran número de publicanos e outros. Os fariseos e escríbalos dixeron aos seus discípulos, criticándoo: « Como é que comedes e bebedes con publicanos e pecadores?» Xesús replicoulles: «Non necesitan médico os sans, senón os enfermos. Non vin a chamar aos xustos, senón aos pecadores a que se convertan». Lc 5,27-32
Xesús neste evanxeo pídenos que sexamos conscientes dos nosos propios límites e pecados e deixemos de desprezar a algunhas persoas por cometer erros. Quen pode xulgar o interior das persoas?
Señor, bendí o meu corazón para que saiba ver a riqueza de cada persoa. Que sexa xeneroso en comprender e aprenda a compartir dor e alegría cun gran amor. Xesús, podes contar comigo
XOVES
No evanxeo deste día, ao final, di Xesús: "O que non está comigo está contra min, e o que comigo non recolle, espalla". (Lc. 11,23)
Estamos con Xesús? Vivir a COR da proximidade de Xesús. Estamos con Xesús se facemos o que el nos di, se tentamos vivir como el viviu, tratar á xente como el a tratou, ser misericordiosos como el o foi.
Pedimos a Xesús que nos esperte se estamos adormentados polo noso ambiente. Xesús non viu ao mundo para ser admirado ou adorado como tantos ídolos de hoxe, Xesús desexa só xente que imite o seu exemplo. Estamos dispostos?
VENRES
Deus é un "arco da vella" de cores...
O mestre da lei respondeu a Xesús: O Señor, o noso Deus, é o único Señor e non hai outro fóra del e amaralo con todo o teu corazón e con todas as túas forzas. Isto, unido ao amor ao próximo, vale máis que todos os sacrificios e todas as prácticas relixiosas. Xesús aplaudiu a súa resposta. (Cfr. Mc. 12, 32)
Por iso pedímosche, Xesús, que nos ensines a te poñer a ti como o primeiro na nosa vida
porque Ti es un arco da vella de CORES.
E tamén ensínanos a pór:
antes a persoa que a présa,
antes a escoita que as miñas palabras
antes a comprensión que o xuízo,
antes a caridade que o deber,
antes a vida que a lei.
E dáme un corazón grande
e unha cabeza xuiciosa
para dedicarme ao primeiro,
e atoparte a ti, Deus escondido,
Deus encarnado, Deus vivo.
Amén
SÁBADO: ORACIÓN
Lecturas Semanais
Comentarios
Publicar un comentario