Domingo de Ramos - ciclo B

PROCESIÓN

EVANXEO ciclo B

Bendito o que vén no nome do Señor (Mc 11, 1-10)
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 11 1Cando se aproximaban a Xerusalén, cerca de Betfagué e de Betania, ó pé do Monte
das Oliveiras, mandou Xesús a dous discípulos 2dicíndolles:
-Ide á aldea que tendes aí por fronte, e ó que entredes, ides atopar atado un burro que
ninguén montou aínda; soltádeo e traédeo. 3Se alguén vos pregunta por que o facedes,
dicídelle: "Precísao o Señor, pero de seguida o mandará de volta".

4Foron alá, atoparon o burro atado a un portal e desatárono. 5Algúns dos que andaban por
alí, preguntáronlles:
-¿Que facedes aí desatando o burriño?

6Eles contestáronlle tal como Xesús lles mandara. 7E leváronlle o burro a Xesús, que
montou nel así que o cubriron cos seus mantos. 8Moitos estendían tamén os seus mantos
no camiño, para que lle servisen de alfombras; e outros, ramallos cortados nas chousas. 9E
tanto os que ían diante coma os de detrás, exclamaban:
-¡Hosanna! ¡Bendito o que vén no nome do Señor! 10¡Bendito o reino do noso pai David
que chega! ¡Hosanna no ceo!


Ad libitum Xn 12, 12-16
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

12A xente que viñera á festa, oíndo que Xesús viña a Xerusalén, 13apañou ramas das
palmeiras e saíulle ó encontro exclamando:
¡Hosanna!:
¡Bendito o que vén no nome do Señor,
o Rei de Israel!.

14Xesús atopou un burriño, e montou nel, conforme está escrito:
15Non temas, filla de Sión,
mira que vén o teu rei,
montado nun burriño.

16O comezo os seus discípulos non comprenderon estas cousas; pero cando Xesús foi
glorificado, entón lembráronse de que estaban escritas del e que así llas fixeron.



MISA


PRIMEIRA Is 50, 4-7
Non apartei a miña faciana das increpacións, pero sei que non quedarei confundido
(Terceiro Canto do Servo do Señor)
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

4O Señor Deus concedeume lingua de discípulo,
para saber instruí-lo cansado cunha palabra que o anime na mañá.
El espreguiza pola mañá o meu oído para escoitar coma discípulo.
5O Señor Iavé abriu o meu oído,
e eu non me rebelei, non me botei para atrás.
6Ofrecín o lombo ós que me azoutaban, e a miña cara ós que me arrincaban a barba.
Non escondín a miña cara dos insultos e das cuspiñadas.
7Pero o Señor axudarame,
por isto non me sinto avergonzado, e poño a miña cara coma un diamante,
pois sei que non me avergonzarei.



SALMO RESP. Sal 21, 8-9. 17-18a. 19-20. 23-24
R/ (2a): Deus, meu Deus, ¿por qué me abandonaches?

8Tódolos que me ven fan burla de min,
torcendo os labios, movendo a cabeza:
9-"Acode ó Señor, que El o libre,
que El o salve, se é que o ama".

17Rodéanme cans,
cércame un fato de malvados,
atan as miñas mans e os meus pés.
18Eu podo conta-los meus ósos

19Reparten os meus vestidos
e botan ás sortes o meu manto.
20Pero ti, Señor, non esteas lonxe;
meu socorro, ven axiña axudarme.

23Eu falareilles de ti ós meus irmáns,
louvareite no medio da asemblea.
24Servidores do Señor, louvádeo,
liñaxe de Xacob, glorificádeo,
liñaxe de Israel, temédeo.


SEGUNDA Flp 2, 6-11
Humillouse a sí mesmo, por iso Deus exaltouno
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS FILIPENSES

6Cristo, con ser de condición divina,
non se agarrou cobizosamente á súa categoría de Deus;
7senón que se espiu do seu rango,
asumiu a condición de escravo;
fíxose un home normal e presentouse coma tal
8abaixouse a si mesmo, facéndose obediente ata á morte,
¡e a morte na cruz!
9Por iso tamén Deus o exaltou sobre todo
e lle concedeu un título que está por riba de calquera título
10para que ante o título de Xesús se dobre todo xeonllo
no ceo, na terra e mais no abismo,
11e para que toda lingua proclame
para gloria de Deus Pai
que Xesús Cristo é o Señor.



VERSIÑO Filp 2, 6-11
Cristo abaixouse a si mesmo, facéndose obediente ata á morte,
¡e a morte na cruz!
Por iso tamén Deus o exaltou sobre todo
e lle concedeu un título que está por riba de calquera título



PAIXÓN DE CRISTO - CICLO B



Comentarios

Publicacións populares