Domingo 5 de Coresma B




PRIMEIRA Xer 31, 31-34
Establecerei unha nova alianza e non me recordarei do pecado
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE XEREMÍAS

31Velaquí os días
-é o Señor quen fala-
nos que pactarei coa casa de Xudá e co reino de Israel
unha alianza nova;
32non coma a alianza que pactei cos seus pais,
o día no que os collín pola man
para os sacar do país de Exipto;
pois eles quebrantaron o meu pacto,
aínda que eu seguín sendo o seu Señor
-é o Señor quen fala-.

33Velaquí o pacto que eu hei pactar coa casa de Israel
despois deses días -é o Señor quen fala-:
Hei mete-la miña lei nas súas entrañas,
escribireina nos seus corazóns,
serei para eles o seu Deus,
e eles serán para min o meu pobo.
34Xa ninguén terá que instruí-lo compañeiro,
xa ninguén terá que instruí-lo seu irmán,
dicíndolle: "Respectade o Señor";
senón que todos eles me farán caso,
desde o máis noviño ó máis grande
-é o Señor quen fala-,
pois eu perdoaréille-la súa iniquidade,
e xa non me lembrarei máis dos seus pecados.

                 Palabra do Señor                             R/. Grazas a Deus


SALMO RESP. Sal 50, 3-4. 12-13. 14-15
R/ (12a): Crea, Deus, en min un corazón puro

3Apiádate de min, meu Deus, pola túa bondade,
pola túa misericordia, borra o meu pecado;
4lávame ben da miña iniquidade,
límpame da miña culpa.

12Crea, Deus, en min un corazón puro,
renóvame por dentro cun espírito firme.
13Non me botes da túa presencia
e non tires de min o teu santo espírito.

14Devólveme a alegría da túa salvación,
sostenme co espírito xeneroso.
15Ensinarei o teu camiño ós pecadores
e volverán a ti os descarriados.





SEGUNDA Heb 5, 7-9
Aprendeu a obediencia e fíxose autor da eterna salvación
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

7Cristo, nos días da súa vida mortal, a fortes gritos e con bágoas, presentou oracións e
súplicas a quen o podía salvar da morte e Deus escoitouno por mor da súa submisión.
8Aínda que era Fillo, aprendeu sufrindo o que é obedecer; 9e, consumada deste xeito a súa
consagración sacerdotal, converteuse en causa de salvación eterna, para tódolos que lle
obedecen,

               Palabra do Señor                             R/. Grazas a Deus


VERSIÑO Xn 12, 26
Quen me sirve, que me siga, di o Señor;
e onde eu estou, alí estará tamén o meu servidor.


EVANXEO Xn 12, 20-33
Se o grao de trigo morre enterrado, dará froito abondoso
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

20Algúns dos que subían a adorar no día da Festa eran gregos. 21Achegáronse a Felipe, o
de Betsaida de Galilea, e pedíronlle:
-Señor, queremos ver a Xesús.

22Foi Felipe e díxollo a Andrés; Andrés e mais Felipe foron dicirllo a Xesús. 23Xesús
respondeulles:
-Chegou a hora de que sexa glorificado o Fillo do Home. 24Évos ben certo: se o gran de
trigo cae na terra pero non morre, quedará el só; pero se morre, dará froito abondoso.
25Quen ama a súa vida, pérdea; mais quen aborrece a súa vida neste mundo, poñeraa a
salvo para unha vida eterna. 26Se alguén quere servirme, que me siga; e alí onde estou eu,
estará tamén o meu servidor. Se alguén me serve, hao honra-lo Pai. 27Agora o meu espírito
está turbado. ¿E que hei de dicir: Pai, sálvame desta hora? ¡Pero se para iso cheguei a esta
hora! 28Pai, glorifica o teu Nome.

Chegou entón unha voz do ceo:
-Xa o glorifiquei, e glorificareino aínda de novo.

29O oílo o xentío alí presente, dicía que fora un trono; outros dicían: "faloulle un anxo".
30Xesús interveu dicindo:
-Esta voz non foi por min, senón por vós. 31Agora é o xuízo deste mundo; agora ó
príncipe deste mundo vano botar fóra. 32E eu, cando me ergan da terra, atraerei a todos
cara a min.

33Dicía isto, indicando de que morte había de morrer.

           Palabra do Señor                             R/. Loámoste, Cristo


Comentarios

Publicacións populares