Quinta Semana de Coresma
5ª SEMANA de CORESMA
PON COR NA TÚA VIDA E NA DOS DEMAIS
LUNS: SAN XOSÉ
MARTES
Xesús diríxese hoxe a nós e dinos no evanxeo de Xoán: "Eu son".
Necesitamos a luz e Xesús, dinos que el é a luz que aluma toda escuridade. Na nosa vida hai moitas zonas escuras que necesitan ser iluminadas para velas coa luz de Xesús. Tamén nós temos que ser luz para os demais. Di Xesús "Vós sodes a luz de mundo". Non nos escondamos, alumemos aos demais. Quizá hai quen están a esperar ser iluminados por nós para poder camiñar firmes e seguros.
MÉRCORES

Xesús dixo aos seus discípulos e dinos hoxe a nós: "Se vos
mantedes fieis lle á miña palabra, seredes verdadeiramente os meus discípulos: coñeceredes a verdade,
e a verdade faravos libres...
A liberdade ofrécese a todos pero é unha conquista á que poucos se expoñen... É máis fácilvivir apoiado nos costumes, no que vai saíndo, sen facer ningunha formulación nova que podería cambiar a nosa vida e orientala cara un ideal grande.
Son libre cando amo o que fago e fago só o que amo.
Son libre se a miña única lei é o amor.
Son libre cando se darme aos outros sen esixir posuílos.
Son libre cando creo nos demais.
Son libre se só a verdade pode facerme cambiar de camiño.

XOVES
Xesús dilles aos xudeus: " Con toda verdade volo aseguro: quen fai caso da miña palabra, non morrerá endexamais".
A Palabra de Xesús non son letras sobre un papel ou escritas nunha pantalla, son palabras de vida que fixeron mover corazóns desde que pasou pola terra e se fixo un de nós. A palabra de Xesús chama tamén á porta da túa vida, do teu corazón, déixalle entrar e fai que cambie o teu mundo, aprende a escoitar co corazón...
VENRES

Xesús
díxolle aos xudeus: “Non
está escrito na vosa Lei Eu dixen: sodes deuses? Se lles chamou
deuses a aqueles sobre os que veu a palabra de Deus, por que me
acusades de blasfemia a min, a quen o Pai santificou e mandou ó
mundo, por dicir que "Son Fillo de Deus"? Se non fago as
obras do meu Pai, seguide sen crerme. Pero se as fago, aínda que non
creades en min, crede nas obras, para que comprendades e recoñezades
que o Pai está en min e eu estou no Pai."
Ás veces non comprendemos a Xesús, as palabras tórnanse difíciles, escuras... moitas veces tampouco comprendemos aos que están ao noso arredor, aprendamos a mirar máis adentro, mira nas obras, no que facemos, como nos comportamos coa demais, como falamos, como calamos... e logo escolle o que cres que é mellor... non é iso mesmo do que fala Xesús?
DALLE COR A TÚA VIDA E Á DOS DEMAIS...
SÁBADO: ORACIÓN
Lecturas Semanais
Comentarios
Publicar un comentario