Domingo 3 de Coresma B
Primeira
Lectura Ex 20, 1-17
A
lei foi dada por medio de Moisés (Xn 1,
17)
LECTURA
DO LIBRO DO ÉXODO
Naqueles días, o Señor pronunciou
estas palabras:
‑ "Eu son o Señor, teu Deus,
que te saquei da terra de Exipto, da condición de escravitude.
Non terás xunto comigo outros
deuses.
Non farás para ti imaxes nin figura
ningunha do que hai enriba no ceo, nin abaixo na terra, nin nas augas de
debaixo da terra.
Non te prostrarás diante delas nin
as adorarás, pois eu, o Señor, teu Deus, son un Deus celoso.
No caso dos que me aborrecen, eu
castigo os pecados dos pais nos fillos, nos netos e nos bisnetos.
Pero no caso dos que me aman e
gardan os meus preceptos, eu mostro misericordia por todas as xeracións.
Non pronunciarás en van o nome do
Señor, teu Deus, pois o Señor non deixa sen castigo ao que pronuncia en van o
seu nome.
Pensa no día do sábado, para o
faceres día santo.
Traballarás seis días na semana, e
neles farás a túa tarefa.
Pero o día sétimo é sábado, dedicado
ao Señor, teu Deus. Nel non farás traballo ningún, nin ti, nin o teu fillo, nin
a túa filla, nin o teu servo, nin a túa serva, nin o teu gando, nin o
forasteiro que habite nas túas cidades.
Porque o Señor fixo en seis días o
ceo, a terra, o mar e todo o que hai neles, e no sétimo día descansou.
Por iso mesmo bendiciu o Señor o día
do sábado e declarouno día santo.
Honra a teu pai e a túa nai, para
que a túa vida sexa longa na terra que o Señor, teu Deus, che dá.
Non matarás.
Non cometerás adulterio.
Non roubarás.
Non darás un testemuño falso contra
o teu próximo.
Non cobizarás a casa do teu próximo:
nin a súa muller, nin o seu escravo, nin a súa escrava, nin o seu boi, nin o
seu asno, nin nada de canto é seu".
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
______________________________________________________________________
Ou
mais breve:
20, 1-3. 7-8. 12-17
Naqueles días, o Señor pronunciou
estas palabras:
‑ "Eu son o Señor, o teu Deus,
que te saquei da terra de Exipto, da condición de escravitude.
Non terás xunto comigo outros
deuses.
Non pronunciarás en van o nome do
Señor, teu Deus, pois o Señor non deixa sen castigo o que pronuncia en van o seu
nome.
Pensa no día do sábado, para o
faceres día santo.
Honra a teu pai e a túa nai, para
que a túa vida sexa longa na terra que o Señor, teu Deus, che dá.
Non matarás.
Non cometerás adulterio.
Non roubarás.
Non darás un testemuño falso contra
o teu próximo.
Non cobizarás a casa do teu próximo:
nin a súa muller, nin o seu escravo, nin a súa escrava, nin o seu boi, nin o
seu asno, nin nada de canto é seu".
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 18, 8. 9. 10. 11
R/.
(Xn 6, 68c): Señor, ti tes palabras de vida eterna.
A
lei do Señor é perfecta:
reconforta
a alma;
a
declaración do Señor é firme:
fai
sabio ao inxenuo;
Os
mandatos do Señor son rectos:
aledan
o corazón;
o
precepto do Señor é limpo:
ilumina
os ollos;
A
vontade do Señor é pura:
permanece
por sempre;
as
decisións do Señor son verdadeiras:
enteiramente
xustas.
Son
máis cobizables có ouro
máis
có metal precioso;
son
máis doces có mel,
máis
có zume da antera.
Segunda
Lectura 1 Cor 1, 22-25
Predicamos
a Cristo crucificado, escándalo para os homes, pero sabedoría para os chamados
por Deus
LECTURA
DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS CORINTIOS
Irmáns:
Os xudeus piden signos e os gregos
buscan a sabedoría; pero nós predicamos un Cristo crucificado: e isto para os
xudeus é un escándalo e para os pagáns
unha loucura.
Pero para os chamados, tanto xudeus
coma gregos, el é Cristo, marabilla do poder e da sabedoría de Deus.
Porque a loucura de Deus é máis
sabia ca toda a sabedoría dos homes e a debilidade de Deus é máis forte ca toda
a fortaleza dos homes.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
VERSÍCULO Xn 3, 16
De
tal xeito amou Deus o mundo,
que
lle deu o seu Fillo Unixénito;
quen
cre nel, ten vida eterna.
Evanxeo Xn 2, 13-25
Destruíde
este templo e en tres días heino restablecer
LECTURA
DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Estaba a chegar a Pascua dos xudeus
e subiu Xesús a Xerusalén. Atopou no templo os que vendían bois, ovellas e
pombas e mais os cambiadores, sentados; vai el e, facendo un vergallo con
cordas de xunco, botounos a todos fóra do templo e as ovellas e os bois tamén;
guindou cos cartos e virou as mesas dos cambiadores; e aos que vendían as
pombas, díxolles:
‑ Arredádeme de aquí estas cousas,
non fagades da casa do meu Pai unha casa de negocio.
Lembráronse os seus discípulos de
que estaba escrito: "O celo da túa casa devórame".
Pero replicáronlle os xudeus:
‑ Que sinal nos mostras, para
faceres estes feitos?
Respondeulles Xesús:
‑ Derrubade este templo e erguereino
en tres días.
Retrucáronlle os xudeus:
‑ Corenta e seis anos levou edificar
este templo e halo erguer ti en tres días?
Pero el dicíao referíndose ao templo
do seu corpo. Cando se ergueu de entre os mortos, lembraron os seus discípulos
o que dixera e creron na Escritura e no dito de Xesús.
Estando Xesús en Xerusalén pola
festa da Pascua, moitos creron nel, vendo os signos que facía. Pero, pola súa
parte, Xesús non se fiaba deles, porque os coñecía a todos.
Non precisaba de que ninguén lle
dese informacións de ninguén, que ben coñecía el o que había no home.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
Comentarios
Publicar un comentario