6 ene. 2013

Viñemos de Oriente adorar ó Rei - Mt 2, 1-12

Epifanía - ciclo C



ORACIÓN AOS REIS MAGOS

Queridos Reis Magos:
ensinádenos a crer en sinais, palabras e persoas,
ensinádenos a camiñar e superar dificultades.

Ensinádenos a dar o noso tempo aos pequenos,
e aos enfermos, e aos que están sós.
ensinádenos a ver a imaxe de Xesús en todos eles.

Ensinádenos a non ser conquistadores,
o voso reino é humilde, feito para o agasallo.

Ensinádenos a ser espellos de Xesús,
a falar do recén nacido neste noso mundo.

Ensinádenos a enxugar bágoas e regalar tenrura.
Ensinádenos a ser amigos de Deus e dos cativos. 

Amén.


No hay comentarios:

Publicar un comentario