Hoxe cumpriuse esta Escritura - Lc1, 1-4,14-21
Domingo 3 de ordinario - ciclo C
SOAMENTE UN CAMIÑO
Desde que ti, levado
polo Espírito,
volviches cabo dos teus,
ao teu fogar,
á túa comunidade,
con ganas de facer algo
xuntos,
só existe un camiño.
Desde aquela mañá de
Nazaré,
cando as túas mans de
obreiro
colleron o libro santo
e o leron tatexando
torpemente,
só existe un camiño.
Desde aquel teu
atrevemento
de dicirte unxido polo
Espírito
para botar a andar a
roda da revolta,
só existe un camiño.
Desde que ti puxeches no
centro
o presente e o futuro
dos máis pobres,
e os deixaches como
espello
do rostro de Deus na
terra,
só existe un camiño.
Desde que ti dixeches
que estabas farto de
historias,
que a ver quen te
seguía,
que chegara a hora da
xente humilde,
só existe un camiño.
Despois inventaron
outros camiños.
En Nazaré, ano cero,
recén estreado o
Espírito,
co Espírito do trinque,
só había un camiño,
amplo para colleren
todos,
pero só había un camiño.
Comentarios
Publicar un comentario