6 ene. 2013

Hante adorar, Señor, todos os reis da terra - Salmo 71

Epifanía - ciclo C




ORACIÓN DE EPIFANÍA

Que a festa da Epifanía, Señor, nos ensine
a percibir o nivel de marxinación e insolidariedade
que hai na pobreza do pobo.

Que non pechemos, Señor, a porta a ninguén.
Que nos poñamos a derrubar muros
e a tender pontes para que academos a graza
de que Xesús veña a nós.

Que saibamos ver a túa luz ao lado dos excluídos
e dos que non teñen un lugar neste mundo.
Que aceptemos esta opción como boa nova,
coma o teu camiño para salvarnos a todos.

Que teñamos ollos para ver a grandeza humana,
que a loita contra a marxinación e a pobreza
non sexa cousa de expertos e entendidos,
senón a unión de todas as forzas,
e que o Nadal, que está a punto de rematar, 
sexa eterno.



No hay comentarios:

Publicar un comentario