O Señor ha bendicir o seu pobo coa paz - Salmo 28, 1a e 2. 3ac-4. 3b e 9b-10

Bautismo do Señor - ciclo C



DESCENDICHES AO NOSO INFERNO

Descendiches ao noso inferno
E asumiches as nosas miserias.

Para que tivésemos a luz,
fixécheste cego.

Para que tivésemos a unión,
experimentaches a separación do Pai.

Para que posuísemos a sabedoría,
experimentaches a «ignorancia».

Para que esperásemos,
case desesperaches.

Para que Deus estivese connosco,
sentíchelo lonxe de ti.

Para que fose noso o ceo,
sentiches o inferno.

Para darnos unha existencia gozosa
na terra entre cen irmáns e máis,

fuches excluído do ceo e da terra,
dos homes e da natureza.
            
Chiara Lubich, Cittá Nuova, 
In Memoriam!






Comentarios

Publicacións populares