Traballar a XORNADA MUNDIAL DA XUVENTUDE
Unidade para traballar con Bacharelato.
- A historia de Xesús non termina cunha Cruz baleira. O símbolo dos cristiáns é unha cruz que non rexeita nen fuxe do sufrimento, da dor ou a morte; senón que detrás de todo iso dea froitos de Vida, de Amor e de Esperanza.
Unidade didáctica:
A Cruz Peregrina de XMX
DESCRIPCIÓN:
Con esta unidade didáctica pretendemos presentar ós alumnos de bacharelato que é a Cruz Peregrina e que relación ten coas Xornadas Mundiais da Xuventude (XMX).
NOME: A Cruz Peregrina na XMX.
NIVEL: Bacharelato
SESIÓNS:2
CONTIDOS:
- A cruz como símbolo cristiano.
- O significado cristián do sacrificio e da entrega.
- Sentido e alcance para os xoves das XMX.
- Repercusión social das XMX.
- Importancia da Cruz Peregrina para a preparación das XMX.
- Alcance destas iniciativas para os xoves que se acercan a coñecelas.
OBXECTIVOS:
- Explicar que é unha XMX.
- Dar a coñece-la importancia da Cruz Peregrina nas XMX.
- Fomenta-la participación dos alumnos nas actividades
organizadas na Diócese con motivo da chegada da Cruz
Peregrina.
- Motivar ós alumnos a participar das actividades da XMX de Madrid 2011.
ACTIVIDADES:
Actividade 1
- Preguntar ós alumnos que son as Xornadas Mundiais da Xuventude.
- Tras escoitarllar as súas respostas, explicarlles o que son:
A Xornada Mundial da Xuventude (XMX) é un evento organizado pola Igrexa Católica para reunir ós xoves de todo o mundo.
A Xornada Mundial da Xuventud se realiza anualmente en cada diócese do mundo o día do Domingo de Ramos, cunha cerimonia principal no Vaticano. Sen embargo, cada dous ou tres anos, realízase un gran encontro internacional nunha ciudad sede. Esta cerimonia é presidida polo Papa. Este último encontro, de varios días de duración, é o que se asocia habitualmente co nome de Xornada Mundial da Xuventude.
Este concepto naceu en 1984 durante o papado de Xoan Paulo II para incentiva-la participación xuvenil na Igrexa e tivo un gran éxito. A próxima, segundo anunciou o Papa Benedicto XVI, teá lugar en Madrid, España, no 2011.
Actividad 2
- Descubrir ós alumnos por que a cruz é o símbolo dos cristiáns (seguidores de Cristo). Na película “A Paixón” entrelázanse os acontecimentos da Última Cea co momento da crucifixión creando un paralelismo que dota de sentido á entrega total de Cristo: na Eucaristía e na Cruz.
ÚLTIMA CEA | CRUCIFIXIÓN |
Preparan o pan, destápao. “Non hai amor máis grande que o que dá a vida polos seus amigos.” Novo Mandamento Nuevo: "Amádevos como eu vos améi." “Eu son o Camiño, a Verdade e a Vida.” Bendición do Pan, eleva o pan. Bendí o Viño. | Quitan a Cristo das súas vestiduras. Cristo entrégase á Cruz. Cravo da man esquerda. Cravo na man dereita. Cravo dos pés. “Padre, perdóaos porque non saben o que fan.” Elevan a cruz. Espido, amósase cheo de feridas. |
Actividade 3
- Observa- los tres debuxos de Fano e sacar conclusións sobre a mensaxe que nos transmiten.
- Buscar elementos que aportaron os cristiáns ao mundo e á sociedade a pesares das dificultades que tiveron nas súas vidas.
Actividade 4
- Explica-la orixe e a importancia da Cruz Peregrina para os xoves que participaron nas XMX.
HISTORIA DA CRUZ PEREGRINA
É coñecida como a "Cruz do Ano Santo", a "Cruz do Xubileo", a "Cruz da XMX ", a "Cruz peregrina"; moitos chámana a "Cruz dos xoves", porque foi entregada a eles para que a levasen por todo o mundo, a tódolos lugares e en todo tempo.
Esta é a súa historia:
En 1984, Ano Santo da Redención, o Papa Xoan Paulo II quixo poñer unha cruz - como símbolo da fe – cerca do altar maior da Basílica de San Pedro, onde todos puidiesen vela. Así foi instalada unha gran cruz de madeira, duns 3,8 m, tal como el desexaba.
Ó final do Ano Santo, despoi de pecha-la Porta Santa, o Papa entregou esa mesma cruz á xuventude do mundo, representada polos xoves do Centro Internacional Xuvenil San Lourenzo en Roma. Estas foron as súas palabras naquela ocasión:
"Queridos xoves, ó clausurar o Ano Santo confíovos o signo deste Ano Xubilar: a Cruz de Cristo! Levádea polo mundo como signo do amor do Señor Xesús á humanidade e anunciade a todos que só en Cristo, morto e resucitado,hai salvación e redención"
(Roma, 22 de abril de 1984).
Os xoves acolleron o desexo do Santo Padre. Levaron a cruz ao Centro San Lourenzo, que se convertiría na súa morada habitual durante os períodos nos que aquela non estivera peregrinando polo mundo.
Algúns se preguntan, como esta peza de madeira pode tener tal efecto sobre a vida dunha persoa; sen embargo, ondequeira que vai a Cruz, a xente pide que regrese. Nesta Cruz vese a presenza do amor de Deus. A través desta Cruz, moitos xoves chegan a comprender mellor a Resurrección e algúns atopan o valor de tomar decisións respecto a súa vida.
Actividad 5
Por terra, mar e aire. A Cruz está viaxando desde o 27 de abril do 2010 pola xeografía española utilizando tódolos medios de transporte. En cada diócese preparáronse diferentes actividades e celebracións para acolle-la Cruz. Isto xenerará múltiples experiencias para moitos xoves que se poden analizarse a través dos medios de comunicación.
PRÓXIMAS VISITAS :
Sábado 10 de xullo
20: 30 – Chegada a Ourense e procesión pola rúas.
22: 00 – Vixila na Catedral
Domingo 11 de xullo
19: 00 - Baixa Limia
22.00 - Vixilia en Xinzo de Limia
Lunes 12 de xullo
12.00 - A Gudiña-Riós
18.30 - Verín
21.00 - Vixilia en Celanova
Martes 13 de xullo
12.00 - Castrocaldelas
18.30 - Os Milagros
20:00 - Vixilia en Allariz
Mércores 14 de xullo
18.00 - Vísperas en Oseira
22.00 - Vixilia en O Carballiño
Xoves 15 de xullo
Asilo de O Carballiño
22.00 - Vixilia en Ribadavia
Venres 16 de xullo
12.00 - Despedida en Rairo
Entrega á Diócese de Lugo
19: 00 - Baixa Limia
22.00 - Vixilia en Xinzo de Limia
Lunes 12 de xullo
12.00 - A Gudiña-Riós
18.30 - Verín
21.00 - Vixilia en Celanova
Martes 13 de xullo
12.00 - Castrocaldelas
18.30 - Os Milagros
20:00 - Vixilia en Allariz
Mércores 14 de xullo
18.00 - Vísperas en Oseira
22.00 - Vixilia en O Carballiño
Xoves 15 de xullo
Asilo de O Carballiño
22.00 - Vixilia en Ribadavia
Venres 16 de xullo
12.00 - Despedida en Rairo
Entrega á Diócese de Lugo
Actividade 6
- Posta en común das conclusións ás que se chegaron durante todo o traballo.
Unidade didáctica: A Cruz Peregrina de XMX
Nines e Jesús
Comentarios
Publicar un comentario