O SINAL DA CRUZ
O SINAL DA CRUZ (Fano)
Explicación didáctica (observando o debuxo):
Tocámonos a cabeza cando dicimos Pai, porque foi o Pai o que pensou tódalas cousas,… que as cebras tiveran raias e as xirafas manchas,…que o arco da vella tivera 7 colores e as montañas altas rematen con neve...
O Pai fíxose Neno e baixou (descendemos cos dedos desde a fronte á barriga) ao ventre dunha muller, María. Por iso, cando dicimos Fillo tocámonos a barriga.
E ese Deus Pai que se fai Fillo no ventre envía o seu Espírito (aquí é onde máis se lían, polo da dereita e a esquerda). O Espírito é unha forza invisible que vén de Deus e nos ayuda a ser mellores.
Sabedes que é o primeiro que toca? O CORAZON, (lado esquerdo.) Podemos falar con Deus, estar con El sempre... pero o Espírito tamén move a nosa man (á dereita) para dar de comer ó famento e de beber ó sedento, abrazar ós tristes e sós...
Debuxo de Fano
Tomado de:http://odresnuevos.files.wordpress.com/2008/05/la-senal-de-la-cruz.pdf
Comentarios
Publicar un comentario