PROPÓSITO DE ENMENDA e Taizé en Vigo
Ola a todos.
Despois dun Nadal movidiño e da adaptación á miña última substitución, fixen o firme propósito de escribir, inda que sexa un pouco cada día, para que a cousa vaia avanzando. Teño que dicir, que a maioría das cousas que aparecen neste blogue ou na páxina web non son miñas, -e ben que me gustaría saber o nome de todos os que forn adicando tempo e esforzo a facer as lecturas ou as oracións (algunhas francamente inspiradas)-, o meu labor é máis ben recopilatorio e divulgativo; inda así lévame moito tempo, pero creo que se organizo ben o tempo daremos feito para todos. A miña admiración e respeto polo seu traballo, en especial os que fan o Remol da Palabra e a X.Reboiras que, puntualmente, envíame as lecturas e as oracións que eu poño a vosa disposición.
O meu propósito de enmenda é o de non deixar cada día sen poñer algo novo no blogue. Desta vez fágome eco da miña diócese, xa que eu participéi hai anos dos encontros de Taizé e a experiencia marcou bastante inda que foi pouco tempo.
Aproveitando a presenza do Irmán Cristian da Comunidade de Taizé, quen se ocupa normalmente de acoller ás personas de toda España que peregrinan cada ano ata Taizé, teremos con el un encontro de oración na ciudade de Vigo.
DÍA: 20 DE FEBREIRO
LUGAR: Colexio S. Xosé de Cluny
HORA: 19:30 hrs.
P.D. Noe esquezas que o xoves 24 de febreiro temos na Capela da Guía ás 20:30 h. a ORACIÓN POSSUMUS.
Comentarios
Publicar un comentario