DOMINGO IV DE PASCUA - ciclo A

                                         Oracional Galego en Spotify 

+ Enlace orixinal Oracional iVoox






LECTIO:

Domingo IV Pascua-26 abril 2026


            As lecturas deste domingo teñen un ton marcadamente bucólico. Fálase nelas de pastores e pegureiros, do bo pastor, do curral das ovellas, de ovellas extraviadas, de Xesús como bo pastor que coñece as ovellas e de que elas o coñecen a el. Nos tempos de Xesús era istoestampa habitual da cultura popular e social.Sendo eu rapaz, tamén as ovellas facían acto de presenza cando as botabamos pola mañá para pastar ou volvían pola tardeonda os seus respectivos donos. Nisto polo menosas ovellas da Galizarural e as da terra de Xesús tiñan bastante semellanza. Ademais e dentro de Galiza de xeito especial a provincia de Pontevedra; por algo será que onde máis apelidos “Ovelleiro” se dan de toda Galiza é nesta provincia e con bastante diferenza respecto do resto das outras provincias galegas. Os “ovelleiros” eran os que tiñan ou gardaban ovellas ou as levaban a pastar.

            Pois ben, dinos Xesús: “Eu son o bo pastor. Coñezo as miñas ovellas e elas coñécenme a min”. A comparanza non ten nada que ver con submisións ou calquera xénero de sometemento das ovellas ó seu pastor. Hai nesta relación, polo contrario, unha corrente igualitaria de coñecemento e confianza mutuas. O pastor coñece as súas ovellas e as ovellas coñéceno a el. De modo que podemos dicir que o  rabaño e o seu pastor forman un conxunto de mutua compenetración, onde nin hai un rabaño sen pastor nin un pastor sen rabaño. Nun e noutro flúe así unha mesma vida. Onde isto non é así, non pode haber vida. Dísenos por isoque el non só é o bo pastor, senón que é tamén a porta pola que entran e saen do curral as ovellas.

            “Eu son o camiño”, diranos Xesús noutro lugar. Óel dicir isto,vén indicarnos que na nosarelacióncon Deus e cos demais non hai atallos á marxe del. A boa nova de Deus á humanidade non fai senón anunciar que non hai salvación fóra do amor, fóra do coñecemento e aprecio mutuos, fóra da estima e defensa da vida de todos e cada un. Os que empregan outras estratexias para se faceren donos das ovellas, non entrando pola porta  no curral das ovellas, eses son para Xesús “ladróns” e “bandidos”. E a presuntos pastores ou líderes coma estes as ovellas nin os escoitarán nin os seguirán. Porque o único que eles fan -a teor do texto do evanxeo- é “roubar” e “matar”.

            Pois ben, hai agora case xustamente quince anos, cando aínda residía en Vigo (aquí só levo un par de anos), comentaba alí na nosa igrexa no centro de Vigo estestextos do evanxeo deste xeito: “É curioso observar nestes días, en diversos xornais e medios de comunicación, a loanza do éxito da operación de liquidación dunha persoa humana chamada BinLaden. Haixente que se entusiasma ante a eficacia mortal, exercida contra un terrorista, realizada por uns militares, ó parecer de entre vinte e trinta anos, que polo que se conta estarían especializados en ‘matar’.Aoperación antiterrorista foi o día 1 de maio de ano 2011. E continuaba eu eua dicir: “Desde o modo de ver cristián hai que dicir ben alto que eses non son os camiños indicados por Xesús para formarmos con garantías unha verdadeira humanidade na que todos nos sintamos mutuamente solidarios”.

             Pois ben, isto que eu daquela dicía vale tamén para hoxee para tempos vindeiros, se é que queremos ser seguidores de Xesús. A descrición que nos fai Pedro de Xesús é ben clara: “Cristo –dinos el na súa carta de hoxe- deixounos un exemplo para que sigamos os seu pasos”. “El, que non fixo pecado, nin engano se atopou na súa boca, cando o aldraxaban –continúa a dicir Pedro- non devolvía aldraxes; mentres sufría, non ameazaba, senón que se puña nas mans do que xulga con xustiza”.Xesús é, pois, absolutamente contrario a toda acción violenta. Elfoisempre partidario da vida. E non podía ser doutra maneira desde que el dixo de si mesmo que é a VIDA. Xesús contrapónmoi claramente os “matóns” e os defensores da vida. “O ladrón –dinos el- non entra senón para roubar, matar e estragar. Eu vin para que teñan vida e para que a teñan abonda”.

            O mundo non é agora máis seguro, nin o será endexamais se para iso botamos man da espada. Porque toda espada provocará sempre outra espada: a contraria. Como cristiáns e seguidores de Xesús temosque especializarnos en ser favorecedores da vida a tódolos niveis e radicalmente contrarios a modos de obrar que dunha ou doutra forma leven á morte doutro, sexa este pecador ou santo, xusto ou inxusto. Todos recibimos un día a vida de Deus e só a el lle corresponde quitárnola ou aumentala infinitamente alén deste mundo.

                                                                                                                                 Manuel Cabada Castro


[Manuel Cabada Castro, Boa nova para tempos novos. Comentarios velaíños aos evanxeos dominicais.   Trestomos (2024-2025). SEPT (editorialsept@gmail.com; editorialsept@editorialsept.gal).Distribución: Editorial Galaxia. (pedidos@editorialgalaxia.gal)]












Comentarios

Publicacións populares