TRIDUO PASCUAL

FICHAS SEMANA SANTA


XOVES SANTO:   

Oracional Galego en Spotify 

+ Enlace orixinal Oracional iVoox




LAVAR OS PÉS

"Logo, se eu o Señor e o Mestre, vos lavei os pés, tamén vós debedes lavarvos os pés uns a outros" (Xn 13,14).

Lavar os pés é amar o veciño, a veciña.
Lavar os pés é acoller e respectar, coa palabra, cos feitos.
Lavar os pés é pensar nos demais con ideas de ben.
Lavar os pés é comprender e perdoar.
Lavar os pés é facer nosas as penas e bágoas da xente que nos rodea.
Lavar os pés é servir, axudar, colaborar.
Lavar os pés é dar do que é dun para que medre o que é común.
Lavar os pés é visitar o obsequiar o veciño, a veciña.
Lavar os pés é xuntarse, unirse, organizarse, asociarse, para solucionar mellor os problemas do pobo.
Lavar os pés é falar, compartir as ideas, a vida, os traballos, as ilusións.
Lavar os pés é dar da propia alegría para que medre a alegría de todos e todas.
Lavar os pés é renunciar á propia comodidade para aliviar o cansazo alleo.
Lavar os pés é coñecer e recordar os nomes da xente e envolver no amor os seus pasos todos.
Lavar os pés é gravar a vida do irmán ou irmá no propio corazón.
Lavar os pés é dicirlle a quen nos acompaña: quérote, quérote ata a fin.
Lavar os pés é inclinarse humilde e reverente ante a súa sucidade e, sen máis, simplemente, lavarlle os pés.

"Deivos así un exemplo, para que, como eu fixen convosco, así fagades tamén vós" (Xn 13, 15).


DEIXARSE LAVAR OS PÉS

"Pero, cando chegou onda Simón Pedro, este díxolle:
—Señor, vasme lavar os pés ti a min?

Xesús respondeulle:
—O que eu fago ti non o entendes agora; halo comprender despois.

Pedro replicoulle:
—Ti non me lavaras os pés a min endexamais". (Xn 15,6-8a).
—Deixarte lavar os pés por Xesús, pola xente, é deixarte aloumiñar e querer por Deus, pola xente.
—Deixarte lavar os pés é deixarte coidar por Deus, pola xente.
—Deixarte lavar os pés é ter conciencia da túa sucidade, do teu pecado, da túa debilidade.
—Deixarte lavar os pés é aceptar agradecido/a as críticas e correccións dos demais.
—Deixarte lavar os pés é querer medrar no ben, na bondade, na liberdade.
—Deixarte lavar os pés é aceptar que todos/as precisamos de todos/as.
—Deixarte lavar os pés é participar na alegría da xente pobre e débil.
—Deixarte lavar os pés é gozar sentíndote digna/o da atención dos demais.
—Deixarte lavar os pés é entender que o mellor da vida é o servizo.
—Deixarte lavar os pés é tomar conciencia, con humildade, da propia dignidade.
—Deixarte lavar os pés é ver o moito que vales aos ollos de Deus e da xente.
—Deixarte lavar os pés é admitir a irmandade como sistema de vida.
—Deixarte lavar os pés é dar e recibir confianza.
—Deixarte lavar os pés é admitir que somos familia, comunidade.
—Deixarte lavar os pés é vivir en constante agradecemento.
—Deixarte lavar os pés é algo revolucionario.
—Deixarte lavar os pés é o primeiro mandamento dunha relación sá con Deus.
—Deixarte lavar os pés é máis difícil que lavarlle os pés á demais xente.

"Xesús respondeulle:
—Se non te lavo, non terás parte comigo.

Exclamou Simón Pedro:
—Señor, daquela os pés, as mans e maila cabeza" (Xn 13, 8b-9).

Manuel Regal Ledo



VENRES SANTO:    

  Oracional Galego en Spotify 

+ Enlace orixinal Oracional iVoox


OFICIOS DO DÍA


Paixón do noso Señor Xesucristo

Segundo unha antiquísima tradición, os únicos sacramentos que a Igrexa celebra o Venres Santo e o Sábado Santo son o da Penitencia e o da Unción de enfermos.

O normal sería que, neses dous días, tampouco accedesen os fieis á comuñón eucarística, pois, aos “compañeiros do esposo”, “chegará o día no que lles leven o esposo”, e chegou para eles o tempo de xaxuar.

A nai Igrexa considerou que ese xaxún non había de incluír o Pan da Eucaristía, e así, na liturxia do Venres Santo, os fieis, aínda que non celebremos a Cea do Señor, achegarémonos agradecidos á abundancia da súa mesa.

Non quero que ignoredes, amados de Deus, o que concierne ao misterio da Paixón do noso Señor Xesucristo. Del dixo o profeta: “Vímolo, e o seu aspecto non era atraente. Desprezado, o máis rexeitado dos homes, varón de sufrimentos … , non lle tivemos aprecio”. Del dise que “foi ferido por causa das nosas rebeldías, foi esmagado polas nosas iniquidades.”. Del dise: “Foi levado cun xuízo perverso, ninguén se preocupou da súa vida. El foi arrincado do mundo”.  E nós, que escoitamos as palabras da profecía, traemos á memoria da fe a fraxilidade de Deus, a vulnerabilidade de Deus, a carne de Deus. Na tarde do Venres Santo, a fe escoitará en silencio o relato da Paixón do noso Señor Xesucristo segundo san Xoán. Cando o escoites, saberás que o mundo enteiro foi e é un Calvario no que Cristo Xesús, no famento, no sedento, no inmigrante, no enfermo, no privado de liberdade, continúa padecendo os tormentos da súa paixón.

Escoita, Igrexa corpo de Cristo, escoita e compadécete, escoita e achégache a esa humanidade crucificada e, se non podes baixala da súa cruz, envólvea polo menos nunha mirada compasiva que deixe abertas para ela as portas do teu corazón.

Se non vemos ás vítimas do odio, da arrogancia, da prepotencia, da vaidade, da estupidez, se non vemos nelas a Cristo, se non nos prostramos ante a humanidade que sofre, non profanemos o Venres Santo simulando amor ao Crucificado; se non recibimos aos pobres, non finxamos recibir a Cristo na Eucaristía.

Oremos pola Igrexa, para que vexamos a Cristo nos pobres.

Oremos polo Papa, para que nos estimule a evanxelizar aos pobres.

Oremos polos ministros da comunidade e por todos os fieis, para que non esquezamos a unción do Espírito Santo que recibimos, o mesmo Espírito que unxíu a Xesús e que, a nós, como a el, envíanos a ser evanxeo.

Oremos polos catecúmenos, para que aprendan a entregar as súas vidas a Deus e aos irmáns, a Deus e aos pobres, a Deus e a todos.

Oremos por todos os cristiáns, para que sintamos unidos na misión que o Espírito Santo confiou a Xesús.

Oremos polo pobo xudeu, o pobo ao que Deus amou porque o achou pequeno e pobre.

Oremos polos que non cren en Cristo, para que o acudan nos pobres.

Oremos polos que non cren en Deus, para que o imiten amando.

Oremos polos que nos gobernan, para que esquezan a lúa e humanicen os espazos da terra.

Oremos polos que sofren, para que todos sintan nas súas adversidades o gozo da nosa misericordia.

E, chegado o momento da adoración da santa Cruz e da comuñón con Cristo, non esquezamos que, Cristo e a humanidade pobre son para sempre un só corpo; non esquezamos que na Eucaristía recibimos a Cristo resucitado, e que nos pobres acollemos e acudimos a Cristo necesitado.

Santiago Agrelo


SÁBADO SANTO:   

Comentarios

Publicacións populares