SEMANA 4 DE ADVENTO

 



ÁS APALPADELAS

 

 Esperar, cando unha penetra na madurez da vida,

ou leva anos afirmando e regando o xardín das súas flores e seguridades,

non consiste en soñar, nin en voar,

nin penetrarse nun mundo de ilusións,

nin en quitar as herbas malas,

nin en dar resposta a todos os interrogantes,

nin en ter unha estrutura lóxica e razoable na que apoiarse…

 

 Esperar, hoxe, Señor, é andar ás apalpadelas,

tanto de día como de noite, entre sombras e luces, bulicios e silencios

-que velan, desvelan, confunden e alertan-

e tentar, cos sentidos cansos, cheirarte, ouvirte, verte, tocarte e bicarte 

nas túas mediacións. 

E alegrarse de estar aquí así, ás apalpadelas.

 

F. Ulibarri: Al viento del Espírito. 



ADAPTADO DE:


Comentarios

Publicacións populares