Domingo 14 de ordinario C
PRIMEIRA Is 66, 10-14c
Velaí mandarei sobre ela como choiva a paz
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS
10Alegrádevos con Xerusalén,
e brincade de ledicia por ela,
tódolos que a amades.
Exultade con xúbilo con ela
tódolos que vos enloitastes por causa dela,
11porque mamaredes
e fartarédesvos do peito das súas consolacións,
porque zugaredes e gozaredes do seo da súa riqueza.
12Porque así fala o Señor:
"Ollade que eu estendo ata ela a fartura coma un río,
si, coma un río desbordado a riqueza das nacións.
Vós mamaredes, no colo seredes levados,
sobre os xeonllos seredes aloumiñados.
13Coma un neno, a quen súa nai consola,
así vos consolarei eu.
Si, en Xerusalén seredes consolados.
14Entón veredes que se alegra o voso corazón
e que os vosos ósos florecen coma un campo".
A man do Señor daráselles a coñecer ós seus servos
SALMO RESPONSORIAL Sal 65, 1-3a. 4-5. 6-7a. 16 e 20
R/ (1): Aclama a Deus, terra enteira,
Aclama a Deus, terra enteira,
2canta a gloria do seu nome;
réndelle o honor da louvanza,
3dille: ¡Que sorprendentes son as túas obras!
4póstrase a terra toda ante ti
e canta salmos ó teu nome.
5Vinde e vede as obras do Señor,
os seus sorprendentes feitos entre os homes.
6El mudou o mar en terra seca
e pasaron o río a pé:
felicitémonos por iso.
7Co seu poder domina o mundo,
16Vide os que teméde-lo Señor,
e contaréivo-lo que El fixo por min.
20Bendito sexa Deus,
que non desbotou a miña súplica
nin afastou de min o seu amor.
SEGUNDA Gal 6, 14-18
Levo no meu corpo os sinais de Xesús
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO
APÓSTOLO ÓS GÁLATAS
Irmáns e irmás:
14A min Deus me libre de gabarme en algo que non sexa a cruz
de Cristo, na que o mundo
está crucificado para min como eu para o mundo. 15Pois tanto
ten estar circuncidado coma
estar sen circuncidar. O que importa é a nova creación.
16A paz e maila misericordia virán sobre tódolos que se axusten
a esta norma e sobre o
Israel de Deus. 17De hoxe en diante que ninguén me veña
amolar, porque levo no meu
corpo as marcas de Xesús. 18Irmáns, que a gracia do noso
señor Xesús Cristo vaia
convosco. Amén.
ALELUIA Col 3, 15a.
16a:
Que a paz de Cristo reine nos vosos corazóns
a palabra de Cristo abunde en vós
EVANXEO Lc 10, 1-12. 17-20 (longa)
Descansará nela a vosa paz
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
10 1Designou o Señor a outros setenta e dous, e mandounos de
dous en dous por diante del
a tódalas vilas e aldeas onde tiña pensado ir. 2Díxolles:
-A anada évos ben boa, pero os xornaleiros son poucos; así
que rogádelle ó dono da
colleita que mande xornaleiros á súa ceifa.
3Ide e sabede que vos mando coma años entre lobos. 4Non
levedes saco, nin alforxa, nin
calzado, nin vos paredes a parolar con ninguén polo camiño.
5Cando entredes nunha casa,
antes de máis nada dicide: "Paz a esta casa". 6E
se alí hai xente de paz, sobre ela repousará
a vosa paz; se non a hai, volverá convosco. 7Permanecede na
mesma casa, comendo e
bebendo do que teñan, que o obreiro ten dereito ó seu
xornal. Non andedes dunha casa para
outra. 8Cando entredes nunha vila e vos acollan, comede do
que vos poñan, 9curade os
enfermos que haxa e dicídelles: "Xa chega a vós o Reino
de Deus". 10Pero cando non vos
acollan na vila na que entredes, saíde ás prazas dicindo:
11Non queremos levar da vosa
vila nin o po que se nos pegou ós pés. Aí vos queda.
Pero sabede que xa chega o Reino de Deus. 12Asegúrovos que o
Día do Xuízo será máis
levadeiro para Sodoma do que para aquela vila.
17Entón voltaron os setenta e dous moi contentos dicindo:
-Señor, aínda os demos tamén se nos someten no teu nome.
18El replicou:
-Eu vía a Satanás caendo do ceo coma un raio. 19Porque vos
dei poder para pisardes
cobras e mais alacráns e poder sobre toda forza inimiga, e
nada vos fará mal. 20Con todo,
non vos alegredes de que os espíritos se vos sometan:
alegrádevos, máis ben, de que os
vosos nomes estean escritos no ceo.
Ou: 1-9 (máis breve):
10 1Designou o Señor a outros setenta e dous, e mandounos de
dous en dous por diante del
a tódalas vilas e aldeas onde tiña pensado ir. 2Díxolles:
-A anada évos ben boa, pero os xornaleiros son poucos; así
que rogádelle ó dono da
colleita que mande xornaleiros á súa ceifa.
3Ide e sabede que vos mando coma años entre lobos. 4Non
levedes saco, nin alforxa, nin
calzado, nin vos paredes a parolar con ninguén polo camiño.
5Cando entredes nunha casa,
antes de máis nada dicide: "Paz a esta casa". 6E
se alí hai xente de paz, sobre ela repousará
a vosa paz; se non a hai, volverá convosco. 7Permanecede na
mesma casa, comendo e
bebendo do que teñan, que o obreiro ten dereito ó seu
xornal. Non andedes dunha casa para
outra. 8Cando entredes nunha vila e vos acollan, comede do
que vos poñan, 9curade os
enfermos que haxa e dicídelles: "Xa chega a vós o Reino
de Deus".
Comentarios
Publicar un comentario